Escolma poética elaborada polo alumnado e profesorado participante na actividade "Poemas á Rúa" que terá lugar o vindeiro venres, 14 de maio, na Plaza do Concello de Fene con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Dende O Segrel do Penedo, queremos invitar a todos os amigos e amigas do IES de Fene, a que nos acompañen nesta xornada festiva de reivindicación da nosa cultura e a nosa lingua.
Gustaríanos que compartírades con nós ese momento. Podedes traer ese poema, ese texto que para vós é especial e acompañarnos tamen coa súa lectura...
Esperámosvos o venres 14 a partir das 10.30, na Plaza do Concello e se o tempo nos quere xogar unha mala pasada, a concellería de cultura pon á nosa disposición a Sala de plenos. Xa vedes, temos "case todo" previsto, só faltades vós... !!
Que selección máis fermosa!! Dende logo, con estos traballos Uxío aínda será máis querido.
ResponderEliminarDende Belesar mandámosvos un agasallo para o blog, co nosos cariño. Moitos Bicos, Loly!
Grazas "Faustina", sempre é un placer recibir un agasallo de máns amigas.
ResponderEliminarApertas de mel!!
Levo esta escolma para Mesturas
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarE a nós, que tanto nos gusta Mesturas, estamos encantados!!!
ResponderEliminarDesde O sorriso da muralla os nosos parabéns por o precioso traballo, imos enlazar a escolma no noso blog se nolo permitides. Grazas inmensas.
ResponderEliminarGrazas polo voso agarimo e contarvos que a experiencia foi tan fermosa que pensamos repetila.
ResponderEliminarApertas poéticas dende Fene.