sábado, 17 de outubro de 2009

Xuntos contra a Pobreza

"Xuntos contra a Pobreza" é o lema deste ano no Día Internacional para a erradicación da Pobreza.

O 17 de outubro foi declarado pola ONU no ano 1993, como o Día Internacional para a erradicación da Pobreza co obxectivo de promover unha maior concienciación sobre as necesidades de acabar c0a pobreza no mundo.

No ano 2000, 189 xefes de estado comprometéronse a cumplir os chamados Obxectivos do Milenio entre os que está o de reducir á metade o número de persoas que pasan fame no mundo. Hoxe, nove anos despois, e a tan só seis de chegar á data límite para acadalos (2015) podemos comprobar que esta promesa, como tantas outras, está ben lonxe de cumplirse.

Pero estes obxectivos non son só unha tarefa dos gobernos, todos e todas nós podemos e debemos traballar para conseguilos. Cada un de nós, dentro das súas posibilidades, debería actuar de xeito responsable, debería velos como parte dos seus "Obxectivos de Vida". Rebélate contra a Pobreza!


Xornalistas e ONGs propoñen Sete Claves para comezar a loitar contra da pobreza.

IntermonOxfam achéganos as súas Propostas de Traballo na Aula




Médicos sin fronteras preséntanos o xogo "Y comieron felices"

Otro Mundo es posible danos a súa "Receta para pasar hambre"


O mundo da cultura, do cine, da música... únese tamén neste mesmo obxectivo común:

XUNTOS CONTRA A POBREZA!!

NÓS SOMOS A PRIMEIRA XERACIÓN QUE
PODEMOS ACABAR COA POBREZA EXTREMA!!

A QUE ESTAMOS A ESPERAR??




Non vos perdades o Making Off de "El grito de mi generación"(vídeo 2), fermosísimo exemplo de traballo en equipo, do positivo de sumar, de aunar esforzos en prol dun obxectivo común.

10 comentarios:

  1. Unha recompilación de recursos ben completa e interesante.
    Quitarémoslle partido.

    ResponderEliminar
  2. Coincido con Olga, fantástica recompilación. Tomamos nota.
    Un agarimoso saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Parece que xa estades a pleno rendimento. Parabéns.

    ResponderEliminar
  4. Benvidos os tres de novo a O Segrel. Pero quen dixo pleno rendimento??? Imposible coa que está a caer!!!
    Aínda que nesta ocasión, o motivo da entrada relegou todo o resto.
    Que vos parece a foto? Picade nela e veredes onde está feita. INESQUECIBLE!!

    ResponderEliminar
  5. Sería bo dedicarlle (aínda que só sexa nombralo ) unha entrada o xa morto Andrés Montes.Cabe recordar que a España gústalle o baloncesto grazas a el,así como pasa con Arguiñano e o aceite.

    ResponderEliminar
  6. Hola que tal, soy Angel Sanz , Si le interesa poner anuncios de texto en tus blogs.
    Puedes ganar hasta 50 euros por cada blog o web.

    Nuestra empresa le asegura enviarle sus pagos de diferentes maneras: Transferencia bancaria,wester union,paypal,moneygram. Los pagos son mensuales.

    Usted solamente debe colocar los enlaces en los post de su blog y listo ya comenzara a ganar dinero.
    Cualquier interesado enviarnos sus blogs, para poder revisarlos. Este es uno bueno

    Un Saludo cordial.
    Angel Sanz
    tel : (+34) 691 533 734 // Valencia,ESPAÑA Prefijo de España (34)

    Para mas información puedes contactarme por correo o chat:

    angelsanz.comercial@hotmail.com

    Puedes contactar por facebook si quieres :

    angelsanz.comercial@hotmail.com


    Tambien tenemos un sistema de referidos , que ganas una comision mensual
    Por cada sitio/blog recibira una comision hasta de 7.5 euros mensuales.

    ResponderEliminar
  7. Querido Segrel, eu tamén tomo nota, que boa falta fai. Grazas por compartir todo ese material; ao que sen dúbida sacaremos proveito.
    Saúdos agarimosos desde a nosa biblio.

    ResponderEliminar
  8. Alioth tomamos nota da túa suxestión e veremos de facer esa entrada sobre Montes.
    Grazas Chispa, é un verdadeiro pracer atoparte polo Segrel.
    Apertas para os dous!!

    ResponderEliminar
  9. Ángel, agradecerche o ofrecemento, pero nesta ocasión, e non é que a economía estea como para facerlle ascos, seique vai ser que non...
    Un saúdo.

    ResponderEliminar

Graciñas por visitar "O Segrel do Penedo". Sempre é un motivo de ledicia recibir os vosos comentarios e suxestións.