miércoles, 24 de febrero de 2016

O Segrel #mobilizarosalia


No Día de Rosalía a comunidade educativa únese á iniciativa da AELG e proponse encher as redes da voz de Rosalía de Castro baixo a etiqueta #mobilizarosalia á que se engade o verso "Trocando en sonrisas queixiñas e choros" e unha imaxe da escritora galega. 




Velaí tedes unha pequena mostra da participación do alumnado de 3ºESO nesta fermosa "mobilización"

Día de Rosalía de Castro

Hoxe conmemórase o Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, data do seu nacemento. Dende a AELG proponse encher as redes sociais cos seus poemas, a súa voz, sempre viva. 

Dende os centros de secundaria enviaremos o hastag #mobilizarosalia co verso "Trocando en sonrisas Queixiñas e choros" e unha imaxe de Rosalía. Dende O Segrel, animámosvos a secundar esta fermosa iniciativa.



Imaxe vía IES A Guía

#mobilizarosalia nas Redes Sociais




jueves, 18 de febrero de 2016

Febreiro, Un Mes Moi Amoroso

A través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia tivemos a posibilidade de gozar dunha extraordinaria exposición que baixo o título “Cartas de Amor: 15 artistas contra a violencia de xénero” achegounos unha fantástica mostra do cómic galego sobra a violencia de xénero con debuxos de autores como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luis Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitiva, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai. Un exposición cuxo obxectivo principal era o de sensibilizar á rapazada, facelos reflexionar sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudarlle a detectala e,  así mesmo, a erradicala.


Related Posts with Thumbnails