sábado, 31 de enero de 2015

Cómics pola Paz

"Malala Yousafzai" Premio Nobel da Paz 2014
A vida de Malala, activista pakistaní, loitadora polo dereito á educación. 


"Imagine" de John Lennon
Unha das mellores cancións de todos os tempos segundo a revista Rolling Stone


viernes, 30 de enero de 2015

Poesía e Música pola Paz

Hoxe, celebramos o Día da Non Violencia e a Paz dun xeito ben fermoso. Ao longo da mañá o alumnado de ESO leu poemas aprol da Paz e a non violencia. 

Unha xornada na que non faltou a música. Uxía, 2ºESO, acompañounos ao piano, Sabela, 1ºESO, cantounos "A ronda do Soldadiño" e rematou o alumnado de 2º ESO cantando "Imagine" de John Lennon.

Foi o noso xeito de dicir NON á violencia, SI á Paz e á convivencia pacífica


jueves, 29 de enero de 2015

Lecturas pola Paz

Con motivo da celebración do Día da Non Violencia e a Paz, dende a O Segrel organizamos unha exposición "Lecturas pola Paz".

Un xeito de achegar aos membros da nosa comunidade educativa parte dos fondos de Banda Deseñada, Poesía, Novelas e cine.


Exposición 

martes, 27 de enero de 2015

Galegos en Mauthausen

A través da Asociación Memoria Histórica democrática chegou ao noso instituto a exposición "Galegos en Mauthausen" Unha homenaxe aos veciños de ferrolterra (Ferrol, Fene, Ares, Mugardos...) presos nos campos de exterminio nazi. Veciños que emprenderon unha viaxe ao horror e do que moitos deles nunca retornaron.

Unha exposición que coincidiu no tempo, coa data na que se conmemorou o 70 aniversario da liberación do campo de concentración de Auschwitz (27 de febreiro). 


Exposición que se completará, ao longo do mes de febreiro, con varias charlas dirixidas ao alumnado de ESO e Bacharelato, a  cargo de Enrique Barrera historiador e autor do libro "Galegos en Mauthausen".


Para saber máis...
El holocausto español
Mauthausen el campo de los españoles
Liberados de Mauthausen, olvidados en España
Así se organizaban los republicanos en Mauthausen




Related Posts with Thumbnails