jueves, 28 de febrero de 2013

Xornadas de Lectura Literaria II - Eliacer Cansino

O xoves 28 asistimos, no IES Fernando Esquío de Neda, á segunda sesión das Xornadas de Lectura Literaria  e que nesta ocasión nos permitiu disfrutar da presenza do escritor Eliacer Cansino, premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con "Unha habitación en Babel".

A presentación correu a cargo de "Abril" alumna de 4º de ESO que fixo un amplo percorrido pola obra do autor.

Eliacer Cansino comezou presentándose como "Un hombre de la galaxia Gutenberg" que sentiu o seu primeiro deslumbramento poético á idade de 13 anos, momento no que descobre a literatura, con esa estampa "Mariposas blancas" da obra "Platero y Yo" de Juan Ramón Jiménez, o primeiro libro que lle falou, "Porque, de vez en cuando, los libros te hablan" e a partir dese momento marabilloso, falounos de poesía, de libros, "El libro es el lugar donde mejor se conserva el espíritu", de educación lectora... de Literatura con maiúsculas, a literatura como eixo da educación sentimental, onde o importante é a "Revelación"

miércoles, 27 de febrero de 2013

"Stéphane Hessel" In Memoriam


Descargar "Indignaos" de Stéphane Hessel

martes, 26 de febrero de 2013

Xornadas de Lectura Literaria I - Emilio Pascual

O pasado xoves comezaron as Xornadas de Lectura Literaria organizadas polo CFR de Ferrol e que baixo o título "Bibliotecas Escolares para Lectores do Século XXI" nos achegan a autores de talla de Emilio Pascual, Eliacer Cansino, Carlos Negro e Paula Carballeira e que se desenvolverán en distintas Bibliotecas Escolares da Comarca. 

O xoves 21 reunímonos na Biblioteca do CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume para disfrutar do encontro con Emilio Pascual. A súa charla levaba por título "Biblotecas, reservas para el invierno del espíritu" e comezou falando da Biblioteca de Alexandría e chegou ata as bibliotecas do século XXI sen esquecer aquela pequena biblioteca escolar dunha escola de maio do 58, "dez anos antes do maio revolucionario", donde unha mestra inesquecible, despois de ter rematados os deberes e ante a pregunta do pequeno Emilio "Y ahora qué hago? ela contestou "Coge un libro y ponte a leer" e vaia que se leeu... 

Durante esa tarde máxica, Emilio Pascual falounos de Bibliotecas:
  • "A Biblioteca Escolar é un ámbito privilexiado para o asombro"
  • "Un novo modo de Biblioteca esixe un novo modo de Educación"
  • "As Bibliotecas son oasis de resistencia"
  • "As Biblotecas son os graneiros do espírito"
De Lectura e de Libros:
  • "O libro como concepto está por enriba do soporte"
  • "Os clásicos son as raíces da nosa cultura"
  • "Debemos ler os clásicos porque permanecen influíndo no imaxinario colectivo" (Plinio)
E, como non, falamos de libros, dos seus "Días de Reyes Magos", "El fantasma anidó bajo el alero", "Apócrifos del libro", de outros autores como "La noche en la que Franikenstein leyó el Quijote" de Santiago Posteguillo, "Los cuadernos de Malte Laurids Brigge" de Rilke, e do último libro que está a ler "El espíritu áspero" de Gonzalo Hidalgo Bayal que nos recomendou encarecidamente.

Todo un placer poder disfrutar da súa palabra, e mentres a tarde transcurría, non podíamos deixar de pensar no noso alumnado, canto tería disfrutado coa súa charla! Algo teremos que facer para que este pequeno soño se faga realidade...


Reportaxe gráfica obra de Xarela e O Segrel

domingo, 24 de febrero de 2013

24 de Febreiro: Día de Rosalía

O pasado venres 22, O Segrel do Penedo, a Biblioteca Escolar do IES de Fene, uniuse á iniciativa da AELG, no 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a autora máis universal en lingua galega "A lectura colectiva dos seus poemas".

Alumnado de 3º e 4º de ESO, e 1º de Bacharelato ao longo dos dous recreos da mañá, ás 10.00 e ás 12.00, recitaron os poemas "Follas Novas" e "Cantares Gallegos" acompañados ao violín por Sergio Malvar, alumno de 3º de ESO.

Nesta celebración estivemos acompañados, durante a primeira lectura, por Sonia Iglesias, a Bibliotecaria Municipal, e Almudena Marcos, directora do Museo do Humor, e durante a segunda pola Concelleira de Cultura, Juana Barro. O noso agradecemento ás tres e a todos os que fixeron posible esta fermosa xornada poética.

Unha celebración que estivo moi presente nos centros públicos do Concello de Fene

A noticia na prensa

Rosalía de Castro, Feminista na Sombra



Rosalía de Castro


Web Oficial da Fundación Rosalía de Castro


Rosalía de Castro na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes


Rosalía de Castro: Biografía e Poemas


"Con Rosalía en Xixón" artigo de Agustín Fernández Paz



Deseño do Cartel Rosana Rodiles

sábado, 23 de febrero de 2013

Bookcrossing en Fene

A Biblioteca Pública Municipal “Xosé María Pérez Parallé” comezou a celebración do Día de Rosalía poñendo en práctica a iniciativa do Bookcrossing e o IES de Fene foi un dos lugares elixidos para liberar catro títulos de literatura xuvenil: "Mareas Negras" de Rafael Lema Mouzo, "As cousas claras" de Xosé Neira Cruz, "Do outro lado do espello" de Jordi Sierra i Fabra e "Vestio" de Xosé Miranda.





Cada un dos títulos leva un pequeno apuntamento do que é o Bookcrossing, a súa historia, así como a explicación do que se debe facer con estes "Libros Libres"











A entrega dos exemplares a fixeron Sonia Iglesias (Bibliotecaria Municipal) e Almudena Marcos (Directora do Museo do Humor) o venres 22, durante a celebración do Día de Rosalía.





Esta iniciativa supón unha máis das colaboracións que entre a Biblioteca Municipal, o Museo do Humor e "O Segrel do Penedo", a Biblioteca Escolar do IES de Fene, estamos a levar a cabo nestes últimos anos. A verdade é que para nós e un verdadeiro placer traballar con estas dúas magníficas profesionais ás que dende aquí queremos facer chegar os nosos parabéns polo seu bo facer.


viernes, 22 de febrero de 2013

Poemas Musicados para o Día de Rosalía


lunes, 18 de febrero de 2013

Aprende a Buscar na Rede


Para reforzar o traballo que vimos desenvolvendo na aula na nosa tarefa cotiá, en canto á busca de información na rede de xeito eficiente, velaí tedes un extraordinario documento (que podemos imprimir ao remate da presentación) realizado en colaboración por dúas das bibliotecas escolares de centros públicos galegos punteiras dentro e fóra do noso país.

Os nosos parabéns a Charo (IES Sánchez Cantón de Pontevedra) e a Olga (CEIP Milladoiro de Malpica) artífices deste magnífico exemplo de traballo colaborativo.

jueves, 14 de febrero de 2013

lunes, 11 de febrero de 2013

El viento comenzó a mecer la hierba



No día de hoxe, moi especial para nós, queremos facernos un agasallo, tamén ben especial, e compartilo con tod@s vós. Estámonos a referir a "El viento comenzó a mecer la hierba" un fermosísimo libro de poemas de Emily Dickinson  marabillosamente ilustrado por Kike de la Rubia, e ao que todos, amantes ou non deste xénero literario, deberíamos dedicarlle un tempo porque, como dicía Gabriel Celaya, "La poesía es un arma cargada de futuro" e tal e como están as cousas... non deberíamos perder a esperanza nun futuro mellor.





El agua se aprende por la sed;
la tierra, por los océanos atravesados;
el éxtasis, por la agonía.
La paz se revela por las batallas;
el amor, por el recuerdo de los que se fueron;
los pájaros, por la nieve


miércoles, 6 de febrero de 2013

Proxecto Fahrenheit 451 "As Persoas Libro"

Hoxe recibimos no Segrel a Antonio Rodríguez Menéndez o artífice do "Proxecto Fahrenheit 451 (As persoas libro)" Pola mañá celebramos o encontro con parte da rapazada dos clubes de lectura - a folga mermou o número de asistentes á metade - Antonio presentounos o Proxecto e falounos da "Palabra Vinculada" que implica un cambio de actitude ante a lectura. Explicounos a importancia da respiración e da mirada, que dan existencia ao outro, da importancia dos silenzos, de que non debemos esquecer o noso corpo, unha ferramenta fundamental, e por suposto falounos das "Palabras de Chocolate Fundido"... 

Pola tarde o encontro ía dirixido ao grupo de profes encargados da biblioteca. Souponos a pouco, quedamos con ganas de seguir afondando nesta experiencia lectora á que todos nos sentimos xa "vinculados"

Antonio enganchounos a mozos e grandes, é a súa paixón polo que fai e no que cre firmemente e o seu xeito de transmitilo. Nos sentimos parte desta fermosa iniciativa e desta experiencia tan enriquecedora xurdiu o compromiso de poñela en práctica todos os días nos tres primeiros minutos da clase. Estamos moi motivados, así que empezaremos mañá mesmo, veremos que tal nos vai!!

Álbum fotográfico da Xornada


viernes, 1 de febrero de 2013

Roteiro Plambe-Ferrolterra (XIII) CEIP José Mª Lage

O pasado mércores, 30 de xaneiro, tivo lugar no CEIP José Mª Lage de Ortigueira, a primeira reunión do Plambe-Ferrolterra do 2013. 

Chegamos nunha terrible tarde de tormenta que grazas á calorciña coa que nos recibiu Bea, non podía faltar unha "hippy" no día da Paz, tornouse nunha fantástica tarde Plambeira. O primeiro que fixemos, como é habitual, foi un completo percorrido pola súa fantástica biblioteca chea de ratos lectores. Canto nos gustou a súa CDU nun fermoso baobá, as pombas da Paz, o libro do medo, o Don Quijote, o libro colaborativo, os contos da cestiña, os libros do mundo... e tantos e tantos detalles que fan desta unha biblioteca máxica.

Despois do paseo chegou o traballo. Nesta xuntanza disfrutamos coas fantásticas experiencias levadas a cabo no CEIP Couceiro Freijomil "A prensa na escola" e no CEIP de Andrade "As cores de Galicia". Canto e que ben se traballa nas Bibes Escolares Galegas!

Tras o traballo chegaron o café e as lambonadas, e un pequeno agasallo que sempre deixamos como lembranza do noso paso polas bibes de Ferrolterra, nesta ocasión o fermosísimo álbum de Benjamin Lacombe "El Herbario de las Hadas". Que o disfrutedes tanto como nós na vosa compaña!!

Related Posts with Thumbnails