miércoles, 31 de octubre de 2012

Cine de Terror para o Samaín

Chega o Samaín, bo momento para facer unha pequena compilación dalgunhas das mellores películas de terror de todos os tempos e das súas bandas sonoras. Non están todas as que son, pero sí son todas as que están...

viernes, 26 de octubre de 2012

miércoles, 24 de octubre de 2012

Roteiro Plambe-Ferrolterra XI "O Segrel do Penedo"

Nesta xornada de celebración do Día das Bibliotecas Escolares, as coordinadores e coordinadores dun bo número de bibliotecas da comarca de Ferrolterra incluídas no Plambe, reunímonos no Segrel nesta primeira xuntanza do ano. Foi unha reunión ben especial xa que recibimos novas incorporacións e tamén porque nesta ocasión o resto d@s plambeir@s da comarca coñeceron aos membros do noso equipo da biblioteca do que tan orgullosos nos sentimos. 

Compartimos proxectos, ideas e actividades de formación a desenvolver ao longo do curso, distribuíronse as tres maletas viaxeiras das que dispoñemos na zona e, como non, falamos do principal atranco que atopamos na nosa labor cotiá, a falta de horas para levar a cabo o noso traballo.
Encontro Plambe-Ferrolterra XI
E durante o café, que Gabriela se encargou de endulzar cun exquisito Brownie, agasalláronnos con "Swing Café" un fermoso álbum musical de Carl Norac e ilustrado por Rébecca Dautremer, que nos leva de viaxe ás orixes do jazz; Duke Ellington, The Mills Brothers, Slim and Slam, Don Redman, Lionel Hampton, Fats Waller, Vess L. Ossman, Cab Calloway e Ella Fitzgerald aparecen nun marabilloso escenario facendo as delicias dos que coma nós amamos o Jazz. Que ben coñecen as nosas debilidades!

Graziñas compañeir@s pola vosa visita, para O Segrel foi un verdadeiro placer recibirvos. Vémonos no CEIP de Mugardos o 28 de Novembro.
Clicar na Imaxe para ir ao Álbum fotográfico

 
 

Antón Castro ou A Maxia da Oralidade

Esta mañá celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cun amigo ben especial para O Segrel. Antón Castro, extraordinario músico e contador de historias que nos achegou á riqueza da nosa tradición oral. Foron dúas horas de música, historias e risas que fixeron patente, a través da maxia da oralidade, o lema deste día "Bibliotecas escolares para o pasado, o presente e o futuro" amosando o noso pasado máis rico nunha biblioteca do presente chea de rapazada, o noso esperanzador futuro. 

Dende aquí o noso agradecemento a Antón, a súa visita foi un marabilloso agasallo neste día de festa.
Antón Castro
Clicar na imaxe para ir ao Álbum Fotográfico

Día da Biblioteca Escolar


Hoxe, día 24 de outubro celébrase o "Día da Biblioteca Escolar" este ano baixo o lema "A Biblioteca Escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro"Para nós "todos os días son os días da biblioteca escolar", más nesta ocasión, despois da renovación que no espazo da biblioteca estamos a levar a cabo dende o curso pasado, queremos celebrar este día dun xeito especial. 

Pola mañá disfrutaremos coa visita de "Antón Castro", extraordinario músico e contador de historias que nos achegará, un pouquiño máis, á nosa tradición oral. 

Pola tarde, celebraremos en O Segrel a primeira reunión deste curso do Plambe-Ferrolterra.  

Unha xornada festiva, da que vos daremos cumplida conta.

CADA DÍA MÁIS E MELLORES BIBLIOTECAS ESCOLARES!!

domingo, 21 de octubre de 2012

Comezamos!!

Así é! O Segrel bota a andar e este curso facémolo con moitas novidades que queremos presentarvos. Un novo membro no grupo de profes da biblio, mobiliario totalmente renovado, nova sección de música que levábamos tempo desexando organizar, un pequeno punto de lectura á entrada do instituto, o punto de lectura da sala de profesores cunha nova sección de revistas profesionais... en fin, o que vos dicía, moitas novidades que pouco a pouco irémosvos amosando. So dicirvos que o mércores, "Día das Bibliotecas Escolares" temos organizada unha gran sorpresa, a nosa particular inauguración deste renovado Segrel!!
Related Posts with Thumbnails