luns, 29 de novembro de 2010

Berlanguiano

Remata novembro. Este mes no que nos visitou o papa e se marchou Berlanga. As películas do valenciano teñen un carácter universal do que non se ten falado o suficiente. Recordouse a descrición que facía da España da segunda metade do século XX, pero sen insistir en que os asuntos locais adquiren un carácter universal cando son tratados por un xenio. Por algo existe o adxectivo "berlanguiano".

Tomemos, por exemplo, “Bienvenido, Mister Marshall”. É o retrato dun caso que pode darse aquí ou en América. Aínda que non fai falta ir tan lonxe. Algo diso lles pasou aos que agardaban a Bieito XVI na estrada de Lavacolla. Foi “berlanguiano”.

Unha das cousas que máis me gusta das súas peliculas é o retrato coral. Unha morea de xente e cada un aparece coa súa personalidade ben definida.

No caso que nos ocupa poderíamos poñer ao que ten máis sorte que o resto e puido ver de cerca ao papa. Agora non para de ensinarnos as fotos.

Non debería faltar o chufón, esa criatura “superior”, aínda que minta tanto como fala. Seguro que posúe algo único: unha foto do papamóbil no garaxe.

Teríamos ao supercrítico que se fixa nun detalle para renegar da humanidade. En vez de ir a Santiago a ver ao papa, paseou pola rúa do Vilar e quedouse mirando para un escaparate cun sorriso.

Fixádevos no estante superior.

E, para acabar, sempre estará a beata que nos pedirá respecto e nos regalará unha estampiña, que para este blog será unha visita virtual e gratuíta á Basílica de San Pedro.

venres, 26 de novembro de 2010

Roteiro pola Bibes de Ferrolterra (I) - CEIP de Pazos

O pasado mércores, 24 de novembro, as bibliotecas escolares do Plambe Ferrolterra, celebramos a nosa habitual reunión mensual dun xeito ben especial. Comezamos o noso Roteiro Bibliotecario pola Biblioteca Xoán Farias do CEIP de Pazos, pero nesta ocasión ampliamos o grupo de amig@s e Chispa, a mascota da Biblioteca, fixo extensible a invitación a todas as bibliotecas escolares, Plambeiras ou non, desta zona. Magnífica idea, non si?

Nesta xuntanza compartimos proxectos, intercambiamos ideas... que xa volas explicaremos máis polo miúdo segundo se vaian plasmando, pero o máis importante de todo foi a ilusión e as gañas de levar a bo porto esta nova "andaina bibliotecaria".

E claro, como non podeía ser menos, velaí tedes a reportaxe gráfica do acontecido. Non farei máis comentarios ao respecto, as fotos falan por si soas -dunha fermosísima biblioteca moi viva - e os pés de foto... para non deixar de lelos!!


O noso agradecemento a Rosana, Profe Rosa, Feli, e por suposto a Chispa, unhas magníficas anfitrionas que nos agasallaron cunhas preciosísimas chapas da súa marabillosa biblioteca, verdadeiro referente das Bibliotecas Escolares.

Parabéns mozas, puxéchedes o listón ben alto, veremos como conseguimos estar á altura....?

martes, 23 de novembro de 2010

Educación 2.0 : "A Tecnoloxía Invisible"

Vía Educación Tecnológica chegamos a esta extraordinaria presentación na que Ana Laura Rossaro nos fala de Educación 2.0 e dos cambios que conleva, do "novo paradigma educativo":
  • Cambios na relación co saber
  • Novas formas de aprender e ensinar
  • Cambios na relación pedagóxica
  • Cambios institucionais

venres, 19 de novembro de 2010

Homenaxe a Miguel Hernández

No centenario de Miguel Hernández, o departamento de Lingua Castelá e a Biblioteca Escolar organizamos a nosa particular homenaxe a tan extraordinario poeta.

O venres día 29 de outubro dedicamos case toda a mañá ao visionado do documental "Miguel Hernández el poeta del pueblo" e á lectura dalgún dos seus poemas. Lectura realizada polo alumnado de ESO acompañado por Sarai ao piano, Andrea coa viola e Serafín co acordeón. Foi unha xornada ben fermosa...

Alumnado que dedicara algunhas das súas clases a afondar sobre a vida e obra de Miguel Hernández, clases nas que elixiron canda seu poema e que posteriormente ilustraron. Como podedes comprobar, nestes grupos hai moit@s artis@s.







En 1º, algúns deles tamén elaboraron un cartaz multimedia utilizando unha ferramenta moi intuitiva, e que lles gusta moito, como é Glogster .
Velaí tedes algúns deles...


Joel Mirad

Juan Ramón Vázquez

Sarai Pico Suárez

Andrea Fornos Seco


Carlos Aguado



Noelia Freire


Andrea Goti

Raquel Varela

mércores, 17 de novembro de 2010

!Flavors.me" A Nosa Páxina Persoal

A través do Twitter de Antonio Alonso, como tantísimas veces xa ten pasado e tantas outras que pasará..., chegamos a unha extraordinaria aplicación web que nos permite agrupar as redes sociais nas que participamos, as fotos, os vídeos e o blog da nosa biblio.

En flavors.me/osegrel temos integrados no mesmo espacio os nosos perfis en Facebook e en Twitter, o noso álbum de Picasa, a Canle de You Tube e, por suposto, o blog do Segrel. Que vos parece?

Velaí vos deixamos un vídeo en Vimeo sobre Flavors.me

Flavors.me from Jack Zerby on Vimeo.

Que, animádesvos a crear a vosa?

domingo, 14 de novembro de 2010

De Imprescindible lectura!!

Vía o Twitter de Planeta Lector coñecimos este extraordinario documento sobre o uso das TIC nas aulas...

Un documento de imprescindible lectura.

Conclusiones Focus Gropu

  • Las TIC han de introducirse en las aulas y centros educativos, pero para contribuir al cambio, la calidad, la innovación y la mejora del sistema educativo, y no para llenarla de nuevos "artilugios"

sábado, 13 de novembro de 2010

García Berlanga: In Memoriam



Hoxe despedimos a Luis García Berlanga, e con el morre un estilo, unha voz, a visión dun país, unha cultura, unha filosofía propia sobre o xénero humano, zurcida a dúo con outro xenio, o guionista Rafael Azcona. (El País.com)


"En 1986 recibió el Premio Príncipe de Asturias de las Artes y en 1993 el Goya al mejor director por Todos a la cárcel. Su película Plácido fue nominada para el Oscar a la mejor película extranjera en 1961. Ha recibido la Medalla de Oro de las Bellas Artes en 1981, el Premio Nacional de Cinematografía en 1980 y la orden italiana de Commendatore." (Famosos valencianos)



Non esquezades acercarvos á farmacia e facervos cun par de caisiñas destas pílulas máxicas, senón para vós, sí para eles...

Vía Biblioteca Xoán Farias

martes, 2 de novembro de 2010

Estábalo pedindo.

Estou farto destes sustiños do Samaín e do Halloween. Hoxe vou facer as cousas en serio, moi en serio.
Vas a ver a exhumación dun cadáver. Sentirás medo, pero porque queres. Es libres de ver o vídeo e vas a elixir darlle ao play. Non me culpes. A curiosidade e o morbo por ver a putrefacción cadavérica son teus. Levas días pedindo pasar un mal rato. Incluso temes que mañá esta entrada non exista e daraste presa por vela. Veña. Dálle. Sempre quixeches saber que lles pasa aos mortos.

Related Posts with Thumbnails