mércores, 31 de marzo de 2010

A HORA DO PLANETA 2010

Como respondeu o mundo á campaña "A Hora do Planeta"?

Gobernos, organizacións e xente de a pé estámonos a concienciar do perigo do cambio climático.

Hai tres anos comezou en Sidney a chamada "Hora do Planeta". Unha campaña que pretende sensibilizarnos contra o cambio climático e que propón unha hora sen luz polo planeta.

Velaí tedes como se "veían" as Torres Xemelgas de Kuala Lumpur (Malasia) antes e durante esa hora sen luz o pasado sábado 27 de marzo


Pica na imaxe e verás en The Big Picture edificios emblemáticos de todo o mundo sen iluminar. Para ver a diferencia do antes e o durante, só tes que clicar en cada unha das imaxes. Algo realmente "impresionante"

Agora "só" temos que poñelo en práctica o resto do ano e que non quede nunha "celebración" máis do "Día de..."

Máis información en WWF Spain "A Hora do Planeta"

E para ir concienciando aos máis pequenos da casa Pocoyó con WWF .

Lembrade aquela campaña que dicía "@s Nen@s fan o que ven".


Pois iso...

martes, 30 de marzo de 2010

Un Xeito Distinto de Viaxar !!


E agora que para algúns comezaron as vacacións... e en vista de que nós non imos sair por aí fóra, dende O Segrel, amantes confesos do placer que supón viaxar, esa aventura persoal de coñecer outras terras, outras xentes, outras culturas, e volver impregnados de aromas, sabores, imaxes e sobre todo extraordinarias experiencias que nin queremos nin podemos esquecer, hoxe, imos presentarvos VirtualPlanet 360º un xeito distinto de coñecer mundo...

A través desta páxina podemos facer unha viaxe virtual por distintas cidades de España, Portugal, Francia, Suiza, Italia, Alemaña e Brasil.

Comezade por Galicia, visitaredes máis de 40 pobos e cidades do noso país e despois seguide por calquera outro e xa me diredes que vos parece esta proposta vacacional...

luns, 29 de marzo de 2010

Poesía Contra a Barbarie

A nosa máis enérxica repulsa ante actos tan execrables

O noso agarimo ao pobo Ruso.

O METRO DE MOSCÚ (Xullo 2009)

LA MUERTE DE UN AMIGO
No es verdad: un amigo no muere;
tan sólo deja de estar a tu lado.
No comparte más el pan contigo,
ni bebe más de tu caramañola.

En la fosa cubierta por la nieve,
no canta más la canción de sobremesa,
y cerca de ti, bajo la misma capa,
no duerme más junto al brasero.

Pero todo lo que ha pasado entre vosotros,
todo lo que os seguía en vuestras huellas,
no pudo quedarse
con sus restos, en la tumba.

Heredero de ira y desdén,
después que perdiste a tu amigo,
te volviste para siempre
dueño de doble vista y oído.

Legamos amor a nuestras mujeres;
recuerdos a nuestros hijos;
pero en los campos quemados por la guerra,
a los amigos legamos el caminar.

Aún nadie conoce un remedio
para las muertes repentinas.
Más y más grave se vuelve el peso de la herencia,
más y más estrecho el círculo de tus amigos.

Carga entonces su peso, vagando en las batallas.
No dejes caer nada.
Pasa con él la noche bajo el fuego.
Cárgalo. Cárgalo.

Cuando ya no puedas cargarlo más,
recuerda que al perecer
tan sólo lo transferirás a los hombros
de los que vivan aún.
Kostantín Símonov
Máis Poemas

Música

Hoxe imos con algo de música, que para algo estamos de vacacións, pero nesta ocasión seredes vós os que elixades estilo, época...

Rockola.fm

Entra nesta emisora e só tes que picar no teu estado de ánimo e elixir de que época prefires a música, incluso en que idioma, se en castelán ou en calquera outro, e farache unha selección incrible.

Deixao soar, ti só tes que relaxarte e escoitar ou seguir traballando se o prefires...

Ánimo, proba e escoitarás unha excelente selección de boa música.

domingo, 28 de marzo de 2010

68 anos sen Miguel Hernández !!

A través de Biblioafonso, lembramos que tal día como hoxe, un 28 de marzo, de 1942 morría Miguel Hernández nunha cárcere de Alacante.

O vindeiro 30 de outubro será o centenario do seu nacemento e con este motivo estanse a celebrar multitude de actos co fin de rehabilitar a memoria dun dos máis grandes poetas de todos os tempos.


Crédito da Presentación

Tengo estos huesos hechos a las penas

Tengo estos huesos hechos a las penas
y a las cavilaciones estas sienes:
pena que vas, cavilación que vienes
como el mar de la playa a las arenas.

Como el mar de la playa a las arenas,
voy en este naufragio de vaivenes
por una noche oscura de sartenes
redondas, pobres, tristes y morenas.

Nadie me salvará de este naufragio
si no es tu amor, la tabla que procuro,
si no es tu voz, el norte que pretendo.

Eludiendo por eso el mal presagio
de que ni en ti siquiera habré seguro,
voy entre pena y pena sonriendo

sábado, 27 de marzo de 2010

Pequena Historia de Amor


O Marabilloso Mundo dos Soños

xoves, 25 de marzo de 2010

Criatura

Encontrei isto en Microsiervos.

mércores, 24 de marzo de 2010

Extraordinario Coro Virtual !!

Vía Mangas Verdes chegamos a esta marabilla.

185 voces de 12 paises forman o extraordinario coro virtual de Eric Whitacre!!


Podedes seguilo a través do Facebook. e ver no seu blog como xurdiu a idea.

sábado, 20 de marzo de 2010

Ás 18:32 empeza a primavera!

Despedimos o inverno cunha foto dobremente redundante. Fíxoa no mes de xaneiro o astronauta Jesse Garcia. Estaba de vacacións na terra dos seus avós recuperándose do “pau” que lle supuxo a súa exclusión a última hora da Expedition 23. A cousa empezouse a torcer cando faltaban tres minutos para o lanzamento do transbordador espacial e se lle ocorreu preguntar por que todas as fotos da superficie lunar eran nocturnas.
Abortaron o lanzamento cando volveu a falar para preguntar que pasaba no hemisferio sur ao empezar a primavera no hemisferio norte. De nada lle valeu dicir que estaba bromeando.
Na actualidade Jesse Garcia entretense lendo o traballo que tería marcado para cada día e facendo preguntas capciosas aos amigos. Velaquí a última: o cambio de estación é simultáneo en todo o planeta ou ocorre por franxas horarias?
O seu substituto na Expedition 23 é Soichi Noguchi, o astronauta que máis ten feito pola normalización da cultura galega.

mércores, 17 de marzo de 2010

Aserejé en ópera!

Mantede a atención e despois de 1 minuto non vos perdades este magnífico vídeo. Simplemente incrible. Non podo evitar evocar o espírito do Prestige, hai.. aquela versión con narices de Pinocho...




martes, 16 de marzo de 2010

A ruleta de ser muller




"La vagina como ruleta rusa"


Vía Menéame no Reader, atopéime con este titular do blogue "Piripecias" o día 8 de marzo, "Día Internacional da Muller" no santoral laico.
A verdade é que ese título do post no lector de noticias non me deixou para nada indiferente e provocou o inmediato "click" para continuar a lectura.
Atopei un post duro, durísimo, deses que roe por dentro a medida que o vas lendo, deses que nos alertan que a placidez na que vivimos é unha gran ficción. A dose de realidade, a través do texto e dos "links" de Piripecias renova as gañas de seguir a traballar por un mundo mellor, no que antes que muller ou home cómpre ser persoa. Longo camiño... e sen embargo sen desmaio.




Orixinal by: Piripecias



Piripecias
lunes 8 de marzo de 2010

luns, 15 de marzo de 2010

Lip dub

Ultimamente veño a traballar moi contento. Síntome o centro dun musical.


A ver, chicos e chicas das biblios, quen se anima a facer un lip dub?

venres, 12 de marzo de 2010

Carreira Solidaria con Haití

O venres pasado, e dentro da semana solidaria que estivemos a celebrar, o equipo da Axenda 21 organizou unha Carreira Solidaria para recaudar fondos para Haití.

Os máis de 50 participantes de todos os niveis educativos, encargáronse de buscar patrocinadores entre o profesorado e o resultado non puido ser mellor pois tendo en conta que cada volta á pista tiña un valor de 0.50 € os rapaces e rapazas deron unhas cantas.

Tras o reconto final e sumadas as recaudacións pola carreira solidaria, os marcapáxinas solidarios, as doacións de particulares, a venda de larpeiradas na Celebración do Entroido así como os premios aos mellores disfraces e postres de entroido aos que algúns dos gañadores renunciaron en favor da nosa causa o total recaudado ascende a máis de 1.000 €


Agora xa só queda o seu envío á ONG "Save the Children" coa que xa levamos traballando varios anos.

Parabéns a tod@s @s que de calquera xeito participaron nas distintas iniciativas desenvolvidas ao longo da semana, un fermoso exemplo de solidariedade cos máis necesitados.

xoves, 11 de marzo de 2010

Xoves, 11 de marzo

mércores, 10 de marzo de 2010

O Segrel lendo Mulleres

Iso exactamente foi o que fixemos mañá e tarde, ler textos escritos por mulleres.

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende "O Segrel do Penedo" quixemos poñer o noso gran de area nesta tarefa común de facer deste un mundo mellor e máis xusto para tod@s.

Pola mañá, durante o recreo, organizouse unha actividade que cada día ten máis adeptos "Música e Poesía". Nesta ocasión aos participantes, profesorado e alumnado de todos os cursos, que estiveron acompañados por Serafín Santamariña de 1º de ESO, que tocou varias pezas(1) co seu acordeón, só se lles pediu que leran textos escritos por mulleres e así o fixeron, incluso unha profe, Mª Carmen Arnoso e unha alumna, Sara Sabín, leron dous fermosos textos escritos por elas.

E pola tarde, día de reunión do Club de Lectura de pais, nais e profesorado, decidimos participar na iniciativa "Fene lendo Mulleres" que a Concellería de Servizos Sociais, Benestar e Igualdade está a desenvolver dende hai xa 10 anos e cunha grande participación por parte de veciños e amigos do concello.

Velaí tedes algúns dos poemas, textos e artigos de opinión que cada un de nós, e por motivos moi diversos, elixiu para este día.


Foi unha marabillosa xornada na que, do mellor xeito que sabemos, a través da música e a lectura, seguimos a facer ese camiño pola igualdade e o respecto aos demais.


(1) Actualización 12/03/10

"A cidade asulagada": Tradicional (Arranxos de Bieito Romero)
"O valse do vello fidalgo": Xosé Lois Romero Cajigal
"O Valse de Arousa": Tradicional (Arranxos de Rodrigo Romani)
"Escenas medievales": Tito Marcos

luns, 8 de marzo de 2010

Día Internacional da Muller



O 8 de Marzo é unha data de reivindicación do papel da muller na sociedade. Unha data, recoñecida pola ONU, na que se pretende reivindicar a presenza da muller en plano de igualdade co home na nosa sociedade.

Máis para acadar este obxectivo queda aínda moito que facer, moito polo que traballar na casa, na escola... Dende todos os ámbitos da nosa sociedade compre poñer en valor o traballo da muller, compre poñer en valor á MULLER!!




MULLERES DO MUNDO...



MULLER

Non deixes
que te aniquilen.
Nin que decidan
ou pensen por ti.
O cotián
xa non enche.
Necesitas respirar,
necesitas fuxir.
Hai un mundo
aí fóra
esperándote muller.
Non ves
que non queda tempo?
Este tren
non se demora.
Apura a vida, muller.
Hoxe pode ser
o teu día.
O sol saíu para ti.
A aventura
de espertar,
de facer o que queiras.
Comeza a batalla.
Rompe a cuncha.
Que saia a loitadora.
E vive, muller.
Mira, toca,
goza, grita...
Sinte e soña.
Túa vida é só túa.
Experimenta
Asun Estévez
"Pel de Muller"
Máis información en:

Día Internacional da Muller Traballadora

Album de Mulleres

Día Internacional de la Mujer

Sufragismo y Feminismo

Mujeres en Red


Guía de Género

Día Internacional de la Mujer (Educared)


Esta entrada adicámoslla a Shimaa e a todas as extraordinarias mulleres exipcias que están a loitar por un futuro mellor en liberdade e, por suposto, a todos os homes que están a facer ese camiño ao seu carón, que tamén os hai!!


Clicade nos carteis para ver as imaxes ampliadas.

domingo, 7 de marzo de 2010

Político gallego en el sentido más peyorativo.

E nin tan sequera houbo que preguntarlle se subía ou baixaba.

sábado, 6 de marzo de 2010

venres, 5 de marzo de 2010

Rituais de cortexo na especie humana

A miúdo estamos tentados a ver actitudes humanas no comportamento dos animais. Non será que os humanos compartimos moito máis do que pensamos cos nosos compañeiros de existencia? Cantas veces temos visto aos cachorros xogando e preparando os seus músculos e movementos para a caza na idade adulta? Cantas veces temos visto ao macho dunha especie facendo as beiras a unha femia durante horas e horas?
Hoxe presentamos un documento que demostra que non existe a separación entre letras e ciencias: unha historia de amor que ben podía ser un documental científico.


Bonus: recordade que o 14 de marzo fai 30 anos que morreu Félix.

xoves, 4 de marzo de 2010

O Noso Entroido Solidario

Nesta ocasión foron o Xacobeo e os Camiños de Santiago os protagonistas do noso Entroido e o motivo non foi outro que o Proxecto Interdisciplinar que se está a levar a cabo en 1º e 3º de ESO.

Dende O Cebreiro ou dende Ferrol ata o Monte do Gozo, os camiños Francés e Inglés percorren todas e cada unha das nosas aulas e despachos. Dous camiños que son o eixo que une as distintas dependencia do centro.

E non podía faltar un mercado medieval onde vender os produtos típicos da época que nos permitiron facer unha boa recaudación para enviar a Haití a través da ONG Save The Children coa que estamos a colaborar dende hai xa tres anos.


Profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos fixemos todo o posible para que este entroido fora unha festa ben divertida, sen esquecer aos alumnos e profes italianos que estaban a pasar unha semana connosco e non quixeron perderse a celebración. Mesoneiras, monxes, pelegríns e algún que outro personaxe máis "actual" participamos nun fantástico concurso de disfraces, no segundo concurso de regueifas e, como ben sendo habitual, rematamos cunha extraordinaria actuación dun dos grupos de rock fiormado por rapaces do centro aos que tamén acompañou Pablo o profe de inglés.


Grazas a tod@s pola extraordinaria participación e polos vosos fantásticos disfraces. O curso que ven máis!!

Crédito das imaxes Fátima Ares e Carolina Herrero de 2º Bach. e O Segrel.

martes, 2 de marzo de 2010

A Frase do Mes



"Máis o libro tampouco estaba alí. Non sabía como se perdera, non lembraba terllo prestado a ninguén, nunca deixaba libros tan persoais como aquel. Pero tiña que aceptalo, resignarse a mercar unha edición nova, aínda sabendo que nunca sería o mesmo, pois os libros que amamos levan tamén a memoria de nós e dos nosos soños entre as súas páxinas
"
Related Posts with Thumbnails