sábado, 27 de febrero de 2010

"Gotta Keep Reading"; Disfrutar lendo!!

Fantástico xeito de fomentar a lectura o desta escola de Florida!!


Vía A Nosa Boa Inspiración

E como estou segurísima de que non seredes quen de escoitala sen comezar a cantar, velaquí tedes a letra "Gotta Keep Reading"

E se queredes facervos fan desta magnífica iniciativa, non tedes máis que entrar na súa páxina de Facebook

Animádesvos a cantala, digamos, o Día do Libro? Ide practicando...

miércoles, 24 de febrero de 2010

Vida Digna, Morte Digna

No cabodano de Ramón Sampedro, seguida con gran interese pola prensa, a única asociación sobre Morte Digna existente en Galicia tratou de publicar na prensa galega o texto que aquí vos presentamos. Como foi vetado, aí van as ideas, rigurosas e necesarias. (Vía Iniciarte)



Para saber máis:
Testamento Vital

Ramón Sampedro: "Derecho a morir"

Curtametraxe "La Dama y la Muerte"

PRÉGASE A SÚA DIFUSIÓN !!



sábado, 20 de febrero de 2010

The Butterfly Circus


Vía O niño da Curuxa, un dos nosos blogues amigos, recibimos esta fermosísima curtametraxe gañadora do primeiro premio de curtas “The Doorpost Film Project".

Unha marabillosa historia ambientada no mundo do circo durante a gran depresión americana que nos amosa o gran valor da humildade, a liberdade, a esperanza...

Non deixedes de vela, é realmente emocionante !!

jueves, 18 de febrero de 2010

Cámaraaaa, Ácción !!!

A primeira película rodada por chimpancés!!

Si, o que estades a ler, e por moi incrible que vos pareza é certo e parece que non lles costou moito facelo...

A primatóloga Betsy Herrelko, da Universidade de Stirling (Escocia), utilizou un grupo de primates do zoo de Edimburgo para investigar, a través dunha curta rodada por eles mesmos, a personalidade dos primates.

Cando menos, interesante, non si?



martes, 16 de febrero de 2010

Tódalas Familias son Diferentes!!


Vía

Vídeo realizado pola Xunta de Andalucía para visibilizar, entre os máis pequenos, os distintos tipos de familias. O lema é "Tódalas familias son diferentes máis en todas elas quererante igual"

A diversidade afectivo-sexual é unha das moitas diferenzas coas que debemos aprender a convivir con tolerancia e respecto, para o que teremos que comezar derrubando moitos estereotipos e prexuizos que non fan máis que desvirtuar a realidade.

E nada mellor que comezar "desmontando armarios" unha extraordinaria selección de lecturas e películas, que pronto formarán parte tamén dos nosos fondos, feita polo profesorado ao fronte de Biblioafonso, referente das bibliotecas escolares galegas.

Máis materias didácticos para a educación afectivo-sexual

Nos nosos fondos podes atopar:

Banda Deseñada: Bícame Profe 1 e 2

Cine: Brokeback Mountain, Billy Elliot e Tomates Verdes Fritos


POLA TOLERANCIA E O RESPECTO ÁS DIFERENCIAS !!

domingo, 14 de febrero de 2010

Música e Poesía no Día dos Namorados

Hoxe, na data na que estamos, e como non podía ser doutro xeito, traémosvos unha pequena selección de cancións de amor e dous fermosísimos poemas.

Que os disfrutedes!!


Corazón coraza

Porque te tengo y no
porque te pienso
porque la noche está de ojos abiertos
porque la noche pasa y digo amor
porque has venido a recoger tu imagen
y eres mejor que todas tus imágenes
porque eres linda desde el pie hasta el alma
porque eres buena desde el alma a mí
porque te escondes dulce en el orgullo
pequeña y dulce
corazón coraza
porque eres mía
porque no eres mía
porque te miro y muero
y peor que muero
si no te miro amor
si no te miro

porque tú siempre existes dondequiera
pero existes mejor donde te quiero
porque tu boca es sangre
y tienes frío
tengo que amarte amor
tengo que amarte
aunque esta herida duela como dos
aunque te busqué y no te encuentre
y aunque
la noche pase y yo te tenga
y no.

Mario Benedetti


Por Amor

Por amor nacín da terra

por amor son o que son.

Por amor canto o meu canto

por amor.


Por amor sángranme os pulsos

e ábreseme o corazón.

Por amor dóenme os ollos,

por amor, só por amor.

Darío Xohán Cabana

Cantigas de Setenta. A sede, a auga






sábado, 13 de febrero de 2010

Xogos en Liña contra os Desastres

A EIRD (Estratexia Internacional para a Redución dos Desastres) pertencente ás Nacións Unidas, vincula a numerosas organizacións, universidades e institucións arredor dun mesmo obxectivo común, reducir o número de mortos e feridos que causan os desastres naturais.

Esta organización creou unha serie de xogos en liña para aprenderlles aos máis pequenos como se constrúen pobos e cidades máis resistentes aos desastres e así poder salvar máis vidas.

Picade na imaxe e botádelles unha ollada, son ben interesantes!!


Grazas Maribel !!

jueves, 11 de febrero de 2010

Un Impresionante "Lago dos Cisnes"

O Gran Circo Nacional Chinés e a súa extraordinaria versión do Lago dos Cisnes de Chaikovski.

Impresionante!!

miércoles, 10 de febrero de 2010

O Día a Día do CEIP San Walabonso

Hoxe tivemos a oportunidade de asistir a unha charla de Fernando Gracía Páez, profesor e xefe de estudos do CEIP San Walabonso de Niebla (Huelva). Un centro de referencia cando falamos de Traballos por Proxectos, de ALFIN, de uso das TICs... e que hoxe vos queremos amosar.

O día a día deste centro comeza coa recollida de datos do parte meteorolóxico. Os rapaces e rapazas dos diferentes cursos túrnanse para tomar nota dos datos que logo utilizarán para completar as correspondentes gráficas que posteriormente publican no taboleiro de anuncio do colexio e logo no blog Meteorología Escolar para que todo o pobo poida coñecer o estado do tempo. "Unha tarefa escolar que se converte nunha responsabilidade social"

E despois que?
Despois, as súas tarefas cotias van desde Cazas do Tesouro, Murais, Presentacións, Guías, Cancións, Wikis, Webquest, gravacións en You Tube, Vimeo e Google Vídeos, audio lecturas, audio libros, audio poemas, redacción de contos, artigos no blog do centro,

Pero isto non é todo, queda máis, moitísimo máis... entrade na súa páxina, viaxade a través de todas e cada unha das ligazóns e comprobádeo. Merece a pena!!

Un magnífico exemplo de traballo colaborativo e compartido.

Parabéns a toda a comunidade educativa polo magnifico traballo que están a desenvolver.

martes, 9 de febrero de 2010

Día Internacional da Internet

Hoxe celébrase en máis de 60 paises de todo o mundo o "Día Internacional da Internet Segura".

O 2010 dedícase á xestión de imaxes e contidos en Internet baixo o lema "Pensao antes" ("Think B4 U post!"). Trátase de previr a difusión de imaxes e contidos inapropiados en Internet por parte de menores.

Durante toda esta semana, e conscientes da importancia de educar na prevención, unha parella da Garda Civil acudiu ao no noso centro para impartir unha serie de charlas sobre "Os peridos de internet e os móbiles" destinadas ao alumnado de ESO e Bacharelato.

Unhas charlas ben didácticas nas que a teoría necesaria foi acompañada de exemplos ben descriptivos como os que aquí vos achegamos. Todos eles tentan transmitir as mesmas ideas:
  • Reflexionar antes de subir imaxes ou outros contidos á rede.
  • Non decir pola rede o que non se diría en público.
  • A importancia de educar na prudencia...


No lateral esquerdo do blog podes atopar todas estas ligazóns de interese en NAVEGACIÓN SEGURA

AEMPI

Anti-Bullying

Chavales

Ciberfamilias


Educar para Proteger

Wikisaber

Guía de Padres

Los Chicos e Internet

Menores en la Red

Protege a tus hijos

Protégeles

Uso Seguro de Internet

Recursos para las Familias


lunes, 8 de febrero de 2010

Carta a Anxo Lorenzo

"O Segrel do Penedo" súmase á cadea de difusión da carta que lle envían ao Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, os ENDL galardoados nos Premios á Innovación en Normalización Lingüística por considerar que coas súas palabras son voceiro fiel do sentir das personas integrantes dos ENDL de toda Galicia.
________________

Señor secretario xeral de Política Lingüística:

Reclamamos a súa atención para unhas breves consideracións que queremos transmitir ao goberno galego e que recollen o noso sentir unánime. O sentido da responsabilidade e o respecto que nos merece a súa persoal traxectoria docente e investigadora serán o contrapeso que nos permita conseguir continencia verbal á hora de lle expresar o noso malestar.

Aínda que para vostede non sexa agradábel escoitar as nosas queixas –e tampouco para nós formulalas-, temos a obriga moral de transmitirllas aquí e agora. Coa máxima cordialidade e co máximo respecto, nesta que debería ser xornada de xúbilo, temos que alzar a nosa voz para clamar contra a involución manifesta (redución do número de premios; dotación económica testemuñal; cambios regresivos na convocatoria de axudas para os equipos de normalización; actitude de desprezo polo patrimonio literario por parte do conselleiro do ramo; e, como colofón, as chamadas Bases do Decreto do Plurilingüismo).

A que era tenue e incipiente normalización nos centros foi posíbel grazas á implicación de profesoras e profesores comprometidos, ás veces para o alumnado os únicos referentes de uso do galego en todos os ámbitos. Con que fin pretenden que este profesorado teña que renunciar á docencia vertebradora? Cal é o fin de que se pretenda responsabilizar do ensino en galego a determinadas persoas sen competencia nin motivación para esta encomenda? A mellor garantía da presenza normalizada do galego no ensino é o profesorado que leva varios anos desenvolvendo en galego a docencia e a vida. Mais este histórico contributo de recuperación da identidade colectiva será cercenado polo marco legal proposto, que acentúa os comportamentos diglósicos e nega a posibilidade de ofrecer ao alumnado modelos de usos lingüísticos normalizados.

Por todo o exposto, os representantes aquí presentes dos Equipos de Normalización Lingüística que están a desenvolver en colexios e institutos proxectos cuxa calidade ten sido recoñecida nos premios de innovación convocados pola Secretaría que vostede dirixe solicitámoslle a retirada destas bases e o mantemento do Decreto en vigor, o que desenvolve as medidas consensuadas no Plan de Normalización da Lingua Galega e o máis axeitado para poder cumprir a tarefa que a propia administración educativa nos encomendou: promover o galego para normalizar o seu uso entre a comunidade educativa, asentando así as bases dun ensino plurilingüe.

Asdo.:

Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010

Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Aguiño (Ribeira), CEIP A Gándara (Carballo), CEIP A Pedra (Bueu), CEIP Bergantiños (Carballo), CEIP Quintela (Moaña) IES Menéndez Pidal (A Coruña), IES Sardiñeira (A Coruña), IES Félix Muriel (Rianxo), IES Perdouro (Burela), IES Rodeira (Cangas) e IES de Porto do Son (Porto do Son).

20 Mentiras sobre a Lingua Galega

ESPALLA A VERDADE!!


Vía A Profa

sábado, 6 de febrero de 2010

Homo Responsabilus VS Homo Consumus


Non deixedes de ver esta extraordinaria curta de animación realizada por Pablo Llorens pasa SETEM da Comunidade Valenciana.


O profesor Setemius dende o seu programa "Grandes Documentales Marcianos", e dun xeito ben didáctico, tenta amosarnos como dar o "salto evolutivo"




E ti a que grupo pertences, ao "responsabilus" ou ao "consumus"? A que estás esperando para dar o salto?

Aprendamos a consumir responsablemente !!

Gracias Cristina.

viernes, 5 de febrero de 2010

Chega Millenium 3 !!!

O vindeiro 5 de marzo chega ás salas de cine a terceira parte de Millenium, e os membros do noso club de lectura de pais, nais e profes non imos perder esa estrea.

Faremos outra sesión de cine palomitas para ver o remate desta triloxía que á gran maioría nos deixou con gañas de máis!!

Velaí tedes algúns dos comentarios feitos no blog do Club de Lectura do Segrel

Los hombres que no amaban a las mujeres:
"Rematei o libro con ganas pero con presa, doume a impresión de que lle sobraban unhas trescentas páxinas. Máis que unha novela, pareceume unha reportaxe periodística, destripando entramados corruptos de política, familias, excesos.Poucas concesións á imaxinación d@ lector@. Centos de detalles minuciosas, moreas de descripcións de marcas de comidas, mobiliarios (como non, Ikea) incesantes nomes de rúas, números de autobuses, liñas de metro,roupa, que aos lectores/as suec@s lles pode aportar moito, pero non parece que supoñan moito na novela. Un xeito de narrar “frío”, como disque son en Suecia?.Todo moi aséptico- en canto á narración- a pesares da gravísima denuncia do que está a narrar. Aínda así, pareceume un impresionante retrato duns feitos que están a ocurrir nunca sociedade supostamente cun alto nivel de “civilización”. Con anos luz de diferencias, lembroume cando lin La Regenta. Pasar a carreiras as moitas páxinas descriptivas, tan detalladas e fieis á unha cidade, e buscar o “meollo” dunha historia que tira."

La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina:

"Estou dacordo pero...non podo evitalo ¡quero máis!. Os meus heroes son xa para sempre Salander e Blomkvist. E, sen desvelar nada do final , volvín caer e na última folla dinlle a volta á páxina pensando que podía continuar..."

"Creo que esta segunda parte engancha más que la anterior. LARSSON caracteriza mucho a sus personajes, llegamos a vivir y sufrir con ellos. En esta segunda entrega la gran protagonista es LISBETH, pasando MIKAEL a un segundo plano. Toda la novela te deja sin respiración, consiguiendo que sus 749 paginas se lean a todo tren, lástima que todo acabe en la siguiente entrega. Gracias STIEG LARSSON"

La reina en el palacio de las corrientes de aire:
"Ao Sr. Vanger non se lle ocorre outra cousa que solicitarlle ao Sr. Blomkvist que reabra a investigación sobre a desaparición da súa sobriña desaparecida trinta anos atrás.
A partir deste intre comeza unha triloxía do mais impactante:
. Os devaneos dunha familia adinerada.
. Millennium, algo mais que unha revista.
. Os lazos de amizade que xurden entre Mikael e Lisbeth.
. O mundo dos hacker.
. Amor e desamor – violencia e sexo.
. Redes de tráfico e prostitución de mulleres.
. Espionaxe e contraespionaxe.
. Forte crítica á sociedade sueca e á súa lexislación.
. Loitas de poder.
. Xusticia.
Cunha narración fría pero minuciosa ata o último detalle, Larsson enganchoume dun xeito fora do normal.
Xa que desgraciadamente o Sr. Larsson non está con nós, penso que o seu equipo de colaboradores debería facer algo ao respecto, porque como milleiros de persoas, “quero mais, moito mais”"

Nun mes o remate da triloxía!!

jueves, 4 de febrero de 2010

"La Dama y La Muerte" a polo Óscar !!



"La dama y la muerte" curta de animación dirixida polo madrileño Javier Recio da produtora Kandor Moon, nominada ao Óscar 2010 na modalidade de mellor curta de animación.

Unha fermosa historia de amor. A loita dunha anciá contra unhas, ás veces, mesmo "denigrantes" normas establecidas, na procura do seu soño.

Un marabilloso canto á esperanza e á dignidade humana.


"Unha historia sobre a morte digna feita con humor" Javier Recio


martes, 2 de febrero de 2010

"Alma" a polo Óscar !!


"Alma", unha marabillosa e "desconcertante" curta de animación, que xa temos visto e enviado a máis dunha amig@, é unha das grandes candidatas aos Óscar.

O seu creador é Rodrigo Blaas un granadino que traballa dende hai anos para Disney Pixar e que foi o encargado de darlles vida, entre outros, a Marlin e Dory de "Buscando a Nemo" e a Rayo McQueen, Luigi e Guido de "Cars"

"Explorar o xénero fantástico dentro da animación foi o que me levou a crear Alma".

Alma from Rodrigo Blaas on Vimeo.

Que a disfrutedes!!

Crédito da imaxe
Related Posts with Thumbnails