domingo, 29 de noviembre de 2009

As Bibes Galegas na Voz de Galicia

Hoxe na Voz de Galicia aparecen catro artigos onde se fala das Bibliotecas Escolares Galegas e o traballo que dende elas están a desenvolver os magníficos profesionais que están ao seu fronte e que fan posible que as nosas Bibes sexan punteiras en todo o estado.

Alégrounos moitísimo ver como dende este diaro se pon en valor a labor que as Bibes Galegas están a facer en prol da lectura e o seu fomento non só entre o alumnado senón entre os distintos membros das nosas comunidades educativas. "Galicia a la cabeza de España en fomento de la lectura Juvenil"

Falase da experiencia dos clubs de lectura, e como exemplo o IES Alexandre Bóveda e Beni, a súa alma mater, das Mochilas Viaxeiras, e como non, do programa Hora de Ler que tantos e tan bos resultados está a dar non só en centros de primaria senón tamén nos de secundaria.

Benigno Nerga, Coordinador da Biblioteca do IES Alexandre Bóveda (Vigo) comenta sobre o club de lectura:
«Este ano pedíronnos unha lista de autores punteiros do século vinte, e elixiron para este trimestre a Steinbeck (La perla), Kafka (La metamorfosis) y Camus (El extranjero)» [...] «Xa lles dixemos que con estes autores acabouse o pesimismo por este curso»

Cristina Novoa, Asesora de Bibliotecas Escolares na Xunta, fala da experiencia do Programa Hora de Ler
«Mellórase o clima do centro , e como se fai normalmente despois do recreo é unha forma de resolver as tensións. Baixan radicalmente os conflictos»

«Nótase tanto que todos os profesores queren ter a súa clase despois da Hora de Ler»

Carmen Mazaira, como responsable do Proxecto Lectura Silenciosa Sostida no CEIP Pardo Bazán (Coruña), expón:
«...es muy saludable porque supone leer sin pedir nada a cambio, solo como ocio, para pasarlo bien»

«A veces vemos que en otros momentos del día, cuando hay un parón, algunos alumnos sacan el libro de su pupitre y se ponen a leer»

Nós, os docentes ao fronte das Bibliotecas Escolares Galegas, sabemos moi ben onde estamos e o papel que dende as Bibes como dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia se está a desenvolver. Unha Asesoria que sempre vai un paso por diante amosándonos o camiño a seguir e cuxo labor é ben coñecido non só no noso país senón fóra del. Máis xa ía sendo hora de que os medios de comunicación se fixeran eco do importantísimo papel que están a desenvolver as Bibliotecas Escolares Galegas dentro do sistema educativo galego.

Dende O Segrel, os nosos parabéns a Cristina Novoa, Carmen Mazaira e Benigno Nerga, magníficos embaixador@s das Bibes Galegas.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Mis Hombres


Vía Mesturas lemos o artigo de Maruja Torres "Mis hombres" publicado no País. Un artigo no que se fala deses homes que camiñan días a día ao noso carón. Eses compañeiros, irmáns, amigos... que nos fan crer nun futuro mellor cheo de esperanza. Por todos vós!!

"De todos los hombres que haya en mi vida, ninguno será mejor que yo"

Aproveché el Día Internacional contra la Violencia de Género para reflexionar acerca de los hombres de mi vida que ni son ni han sido más ni menos que yo, y que me han ayudado a ser y a estar. Como me he hecho vieja con relativa sabiduría, y porque a veces les hablo a ustedes en voz baja, me voy a permitir homenajearles en esta columna.

Al hombre que me enseñó a leer y escribir, meciéndome en sus rodillas. Al hombre que me inoculó su pasión por los libros y por la libertad interior de la lectura. Al hombre que me ayudó a cruzar la línea divisoria entre la ciudad y el gueto. Al hombre que cuando me sabía dolorida me decía: "Vuelve a la redacción, éste es tu hogar". Al hombre que me abrió su mundo para que me pudiera pertrechar con alimentos del alma que me ayudarían a salir a la lucha. Al hombre que me acompañó durante diez años, mientras los dos crecíamos sin hacernos más daño que el de los estiramientos rápidos. Al hombre que me dio trabajo diciéndome que yo valía. Al hombre que me dijo por primera vez: "Tú puedes, tú debes". Al hombre que me acompañó en mis duelos. Al hombre con el que hablo de cine y de la enfermedad y la muerte.

Al hombre que vino a mi casa la noche después de aquella en que fui violada, y me hizo el amor con toda la ternura necesaria para que no repercutiera en mí ese involuntario contacto con uno que era menos que cero. Al hombre que se ríe conmigo y hasta de mí y que me permite mantener la fatuidad controlada y la generosidad en improvisación permanente.

De estos hombres muchos están muertso y otros me sobrevivirán. Pero en este corazón tienen un sitio, y ninguno ha dejado de entibiarme la vida durante un solo día.

Va por ellos. Va por vosotros.

Crédito da imaxe Adrián Fatou

jueves, 26 de noviembre de 2009

25N: Contra a Violencia de Xénero (VI)

En O Segrel, como é tradicional en conmemoracións como a do pasado 25, durante os recreos organizamos unha actividade que cada día conta con máis admiradores "Música e Poesía"

Nesta ocasión participaron mozos e mozas de 2º, 3º e 4º de ESO e de 2º de Bacharelato.

Para a música, contamos con Tamara Santamariña (2º Bach.), unha extraordinaria acordeonista, habitual nestas actividades, que veu acompañada polo seu irmá Serafín, alumno de 1º de ESO e que se revelou como unha grandísima promesa. Que orgullosos estamos dos dous!!

Léronse poemas de varias autoras; "Pel de Muller" de Asun Estévez (agasallo dun bo amigo); "Tempo de muslos sen encaixes" de Mariña Martínez; "Polifonías II" de VVAA, "Muller Ceiba" de Sandra Cisneros, "Damas Negras" de María do Cebreiro e para rematar Manuel, alumno de 3º de ESO, leu o que xa é un clásico nesta data "Hagamos un trato" de Mario Benedetti.

Un xeito ben fermoso de ver aos nosos xoves berrando ben alto e forte "NON Á VIOLENCIA!"

miércoles, 25 de noviembre de 2009

25N: Contra a Violencia de Xénero (V)


A piques de rematar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero queremos ter un recordo especial para todas esas mulleres que están a sufrir esa violencia e non son quen de romper con quen lles está a converter a súa vida nun terrible inferno. A todas elas lles desexamos que acaden a forza suficente para poder dicir "Basta Xa!!". Para todas elas, para todas vós...




Materiais das Bibes Galegas e outros Recursos.

Grazas a Ronsel pola compilación destes recursos e por suposto a Alexia, alumna de 2º de Bach. e futura "Bibliotecaria", polas súas suxestións de música.

25N: Contra a Violencia de Xénero (IV)

Tod@s Contra a Violencia de Xénero


Dende O Segrel do Penedo, o noso maior desexo é que entre tod@s consigamos acabar con esta lacra da nosa sociedade.

O SILENCIO MATA.
NON PERMANEZAMOS CALADOS!!

A PRÓXIMA VEZ QUE CHE BERREN
QUE SEXA PARA FELICITARTE.

A PRÓXIMA VEZ QUE CHE LEVANTEN A MAN
QUE SEXA PARA SAUDARTE.

25N: Contra a Violencia de Xénero (III)

Tod@s Contra a Violencia de Xénero

Dende A Ponte Vella "Ningunha Muller Vale Menos Ca Mín"


25N: Contra a Violencia de Xénero (II)

Tod@s Contra a Violencia de Xénero

Nesta ocasión, esta magnífica curta chéganos dende Trafegando Ronseis.


Parabéns a Anxo por esta extraordinaria montaxe, digna dun óscar!!

25N: Contra a Violencia de Xénero (I)

Tod@s Contra a Violencia de Xénero

Comezamos cun magnífico traballo, cheo de arte e sensibilidade, que nos achegan @s amig@s de Mesturas.

lunes, 23 de noviembre de 2009

Nen@s e Xoves do Mundo II (Nepal)

El niño yuntero

Carne de yugo ha nacido
más humillado que bello,
con el cuello perseguido
por el yugo para el cuello.

Nace, como la herramienta,
a los golpes destinado,
de una tierra decontenta
y un insatisfecho arado.

Entre estiércol puro y vivo
de vacas, trae a la vida
un alma color de olivo
vieja ya y encallecida.

Empieza a vivir, y empieza
a morir de punta a punta
levantando la corteza
de su madre con la yunta.

Empieza a sentir, y siente
la vida como una guerra,
y a dar fatigosamente
en los huesos de la tierra.
Miguel Hernández


Lendas
Cuentos y Leyendas de Nepal
Lenda do lago Pegua (Vídeo)

domingo, 22 de noviembre de 2009

Nen@s e Xoves do Mundo I (Tibet)

Curros, Neno

O vento era segrel na Pedramoa
e na Coutada envolta en rechouchíos
ían mociñas loiras con pandeiros
nun remexer de risas e donaires.

En Celanova había un neno triste
con cárceres durmindo longas noites
e vagos sons de bronces nos abrentes
de torres sulagadas coma estrelas.

Era un meniño nado para lóstrego,
doído de soidá, lévedas mágoas
dun derradeiro amor que nin xiquera
fora casulo ou ar de volvoreda.

En Celanova había un neno triste
cun fondo río de orfandá no peito.

Dime, Señor, que voces temerosas
se pousaron na cume dos seus soños,
cativo Prometeo sin consolo
decote á pedra de volcán atado?

Que escuridá sin nome, buitre cego
mordéu a súa ialma, espello limpo,
pomba sin fel voando sobre a lama
en busca de quentura e de surrisas?

Pomo, Señor, á túa man direita,
pois era un neno triste e non xogaba,
nin tiña máis ledicia que o balbordo
de unhas campás ó alborexar o día.
Celso Emilio Ferreiro

Comezamos este percorrido, no que queremos achegarvos nenos e xoves do mundo, polo Tibet. Un pais marabilloso que xunto á sua xente tennos roubado o corazón.

Se queredes ler sobre o Tibet:
Gonzalo Moure: "Un loto na neve"
Tina Blanco: "Los cien ojos del pavo real"
Jaureguizar: "Plastilina nos pulmóns"
Margaret D. Williamson: "Memorias de la esposa de un diplomático en el Tibet"
Ramiro Calle: "Antología de cuentos de India y Tibet"
Josep Francesc Delgado: "Nima, el sherpa de la Namche";"Sagarmatha"
Patxi Zubizarreta: "El maravilloso viaje de Xia Tenzin"
Palden Gyatso: "Fuego bajo la nieve"
Heinrich Harrer: "Los años perdidos de Sherlok Holmes"
Javier Moro: "Las montañas de Buda"
Hergé: "Tintín en el Tibet"

Suxestións de lectura que nos chegan da man d@s amig@s de Bibliotecasescolares, Mesturas, Bemilladoiro, Arslegendi, Bibliofv, IES Chano Piñeiro, Cecilia Martín e Carmen Pardo.

Grazas por compartir!!

viernes, 20 de noviembre de 2009

20 Aniversario da Convención dos Dereitos d@s Nen@s

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o 20 aniversario da Convención do Dereitos dos Nenos e Nenas.

Esta Convención é un tratado das Nacións Unidas que recolle en 54 artigos todos os dereitos -civís, culturais, económicos, políticos e sociais- dos menores de 18 anos.

Os gobernos, aceptando os principios desta Convención, comprométense a protexer os dereitos de nenos, nenas e xoves.

Pero hoxe, 20 anos despois desa Convención, os datos dinnos que eses dereitos non están a ser respectados:
  • 126 millóns de nenos e nenas están a ser explotados laboralmente no mundo.
  • 250.000 nenos e nenas reclutados para as guerras en distintos países do mundo.
  • 1 de cada 12 nenos morre antes dos 5 anos.
Que están a facer os gobernos para que estes dereitos sexan respectados e protexidos?

Que estamos a facer nós para que isto sexa así?



Para ver, ler e saber máis...
Os Dereitos d@s Nen@s
Educared

A Convención
Unicef

Lecturas
O Meu Libro dos Dereitos
Mafalda Reivindica Os Dereitos dos Nenos

El País Semanal - Reportaxe
"Nuestro Pequeño Mundo"

Imaxes
Fotogalería El País
The Rights of the Child - Unicef (1)
The Rights of the Child - Unicef (2)

Xogos
Unicef

lunes, 16 de noviembre de 2009

O Poder da Imaxinación

Atopamos vía Trafegando esta marabillosa fantasía que nos fala do imenso poder da imaxinación.


Un pequeno agasallo para alguen moi especial con quen compartimos marabillosos momentos de lectura cheos de tenrura e moitísima imaxinación.
"¿Que é a nosa imaxinación comparada coa dun neno que intenta facer un ferrocarril con espárragos?"
Jules Renard

viernes, 13 de noviembre de 2009

Novos Soportes de Lectura, Novas Sensacións...

Achégovos vía o Twitter da FGSR unha interesante reportaxe emitida por Informe Semanal sobre o libro electrónico.

video

Pero se despois de escoitar estas opinións non estades aínda moi convencidos, velaí van as "sensacións" de quen é o noso "profe web 2.0"
"[...] hablando de sensaciones. Descubro algunas que no sospechaba que pudiera experimentar. Como cuando utilizo la opción de la pantalla táctil para pasar las páginas. Deslizas suavemente las yemas de los dedos sobre el texto y se convierte casi en una caricia a lo que estás leyendo... es una sensación agradable, que provoca mucha continuidad en la lectura. Estoy seguro que a nada que nos acostumbremos, el pasar las páginas de forma física nos parecerá como emerger a la superficie para tomar aire y tener que volver a sumergirse para bucear en el texto..."
Quédavos algunha dúbida despois deste comentario...? A nós non.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Biblioteca de Libros Fantásticos

Esta mañá, na Casa da Cultura de Fene, e tras a visita á Biblioteca Municipal, poidemos disfrutar da extraordinaria exposición "Biblioteca de Libros Fantásticos" obra de Carmen Domech escritora e membro da compañía Títeres Cachirulo.

Unha exposición na que máis de 50 libros transfórmanse nunhas marabillosas historias que nos adentran no fantástico mundo da imaxinación, un mundo onde todo é posible.

Durante o noso percorrido puidemos coñecer a "O Señor X, quen perdeu a memoria e espera pescar unha boa historia para facela súa" -a historia favorita de Javi-, aprendimos a "receita básica do relato" e admiramos o "libro esgotado" e uns fermosos beizos que pedían ser bicados. Encantárononnos o "libro da acupuntura" -somos adictos...- e unha "réplica exacta da maceira das palabras" ante a que se retrataron un grupo de mozas. Déronnos arrepíos cando escoitamos o berro do "libro que pedía xustiza" e cando comprobamos que "sempre hai quen impón a súa vontade". Coñecemos "un dos libros máis sacados en préstamo", un bo feixe de "lectores atrapados polo libro" e un sinfín máis de fermosísimas historias.

Unha exposición que non debedes deixar de visitar se quederedes disfrutar dunha extraordinaria obra plástica chea de imaxinación e sensibilidade.

A Formación de Usuari@s na Biblioteca Municipal

Durante o primeiro trimestre, e como ven sendo habitual dende hai xa varios cursos, en O Segrel organizamos a Formación de Usuari@s destinada ao alumnado de 1º de ESO. Ás actividades desenvolvidas no centro súmanse as que se realizan na Biblioteca Municipal e que Sonia, a bibliotecaria, se encarga de organizar.

Este curso tivemos unha fermosísima sorpresa, nesta ocasión fomos recibidos por Fátima Fernández unha fantástica contacontos que fixo as delicias de mozos e profes.

Fátima falounos das súas lembranzas de nena nunha aldea preto de Foz, contounos a historia da Tía Miseria e a do tío Nesto e os calzóns do domingo. Canto rimos e como disfrutamos con este marabilloso achegamento á tradición oral, mesmo houbo quen botou un baile con Fátima...

Grazas Sonia polo agasallo.


Un Máxico Pop-Up

Onte, unha ex-alumna coñecedora dunha das nosas paixóns, achegounos este marabilloso pop-up obra da deseñadora e ilustradora Kate Davis e música de Bim.

A fermosa viaxe dunha moza a través dese máxico pop-up na busca do seu amor perdido

lunes, 9 de noviembre de 2009

Ata Cando o Resto dos Muros?

Hoxe, na nosa clase con 2º de Bacharelato, conmemoramos a caída do muro de Berlín analizando varios dos temas do álbum "The Wall". Cando celebraremos a caída de tantos outros muros que seguén dividindo pobos, clara mostra da sinrazón humana? Cando deixaremos de construir "muros" entre nós?

Esa é a mensaxe que Pink Floyd quixo transmitir co concerto "The Wall" que organizou en Berlín oito meses despois da caída do muro da vergoña. Un concerto que foi retransmitido a todo o mundo e ao que asistiron preto de 350.000 persoas e no que Pink Floyd estivo acompañado por artistas como Bryam Adams, Sinead O'Connor, Sindie Lauper, Van Morrison...

A versión cinematográfica de The Wall (1982) foi dirixida por Alan Parker e protagonizada por Bob Geldof

A Caída do Muro 20 Anos Despois


O 9 de novembro de 1989, 28 anos despois da súa construción, caeu o muro de Berlín. De xeito pacífico, sen derramamentos de sangue comezou a reunificación de Alemaña. O 3 de outubro de 1990 celebrouse o día da unidade alemana, un verdadeiro triunfo da liberdade.



Crédito da imaxe vía Flickrcc

Derrubando o muro (Fotos El País)

O MURO


Created with Admarket's flickrSLiDR.

Para ver, escoitar e saber máis:
Muro de Berlin: Auge y caida (The History Channel)

domingo, 8 de noviembre de 2009

"Argine" e o Placer da Lectura


A nosa amiga "A pescadora de Historias" achéganos a curta "Argine" da francesa Julia Simeón. Unha fermosa historia que afonda no placer da lectura e o marabilloso mundo dos soños, da imaxinación...


Apagade a luz, prendede o son e deixádevos levar por eses campos de papoulas...

lunes, 2 de noviembre de 2009

Premonición

Din que as premonicións existen. Non sei. Ao mellor é só unha aparencia. Vexamos un caso concreto: se ides a Puerto de Vega atoparedes esta interesante placa en recordo de Jovellanos:

O primeiro que chama a atención é o moi recordado que era o defunto. Que maneira de redactar! Aínda así, quedáronse cortos porque tamén se chamaba Baltasar.

Agora fixádevos nas datas: morre o 27 de novembro de 1811 e a placa “a la buena memoria de este esclarecido asturiano” é do VI de agosto de MDCCCI... Que dicides a isto?

Related Posts with Thumbnails