lunes, 25 de mayo de 2009

viernes, 22 de mayo de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XLVII)

Esta semana non queremos deixar pasar a oportunidade de traer aos nosos venres musicais a Beyoncé, a estrela que "toleou" e "puxo patas arriba" - segundo os medios- ao público que asistiu ao seu concerto "I am... Sasha Fierce" no Palacio de Deportes de Madrid e o Palau Sant Jordi de Barcelona.

E para os que non puideron disfrutar da música de Beyoncé e da súa banda "composta exclusicamente por mulleres", velaí vos deixamos algúns dos seus éxitos. Que os disfrutedes!!

lunes, 18 de mayo de 2009

Benedetti Sempre Estará Connosco!!


Hoxe amanecimos coa triste noticia da morte de Mario Benedetti. Un poeta co que aprendimos a amar a poesía, a disfrutala, a gozala e a quen sempre acudíamos, e seguiremos facéndoo, cada vez que, e dun xeito especial, a poesía era a protagonista principal no noso empeño de achegar a súa lectura ao noso alumnado.

Por este motivo nesta mañá fría e gris, en O Segrel sentímonos unha miaxiña máis sós. Marchou Benedetti, pero onde queira que estea sempre o teremos moi presente. Benedetti sempre estará connosco.


"[...] y qué placer cuando un prójimo cualquiera sale a nuestro encuentro, paso a paso también, sílaba a sílaba, y su palabra se abraza con la nuestra."
Vivir Adrede

"Táctica y Estrategia"

Mi táctica es
mirarte
aprender como sos
quererte como sos

mi táctica es
hablarte
y escucharte
construir con palabras
unpuente indestructible

mi táctica es
quedarme en tu recuerdo
no ´se cómo ni sé
con qué pretexto
pero quedarme con vos

mi táctica es
ser franco
y saber que sos franca
y que no nos vendamos
simulacros
para que entre los dos
no haya telón
ni abismos

mi estrategia es
en cambio
más profunda y más
simple

mi estrategia es
que un día cualquiera
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
por fin me necesites.

A Súa Voz por Sempre!!



Publicidade

sábado, 16 de mayo de 2009

Celebración do "Día das Letras Galegas"


Onte, e como ven sendo habitual nestes últimos anos, o Día das Letras Galegas convértese nunha gran celebración en O Segrel.

O alumnado da ESO foi o protagonista principal dunha programación de actividades ben intensa e que se desenvolveu ao longo de toda a mañá, dende as 08.25 ata as 14.05.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DÍA DAS LETRAS
  • Poemas para un Día: Organizado o noso Álbum de Poemas fixemos unha lectura dos mesmos.
Todas estas actividades estiveron amenizados dende Radio Barullo con música galega.

Unha festa esgotadora, que comezamos a organizar hai algúns días, pero moi gratificante pola resposta do alumnado que incansable seguiu todas as actividades propostas con grande interese e un comportamento magnífico, e a implicación do profesorado perparando probas e participando ao longo da mañá para que todo resultase perfecto.

Velaí o álbum desta fermosa xornada



GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

viernes, 15 de mayo de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XLVI)

Hoxe en Os Nosos Venres Musicais, e vía os amigos de Un Rato na Biblioteca, achegámosvos dous Rap moi especiais sobre todo por estar na semana das Letras e que hoxe, como ven sendo habitual nestes últimos anos, celebramos como o noso Gran Día en O Segrel

Que os disfrutedes!!



martes, 12 de mayo de 2009

Antonio Vega "In Memoriam"


Hoxe coñecimos a noticia que fai que este sexa un día moi triste para todos os que amamos a música. Antonio Vega faleceu esta mañá.

Antonio Vega entrou a formar parte do panorama musical español en 1980 co grupo Nacha Pop do que era considerado a súa alma mater e co que será recordado por temas como "Lucha de gigantes" ou "La chica de ayer" un clásico xa.

Desfeita a banda, inicia a súa carreira en solitario con temas marabillosos como "Tesoros", "Se dejaba llevar"ou o inesquecible "El sitio de mi recreo". O seu último disco publicouse no 2005 "3000 noches con Marga", en homenaxe á que fora a súa compañeira.


Antonio Vega, inesquecible!!

Especial Antonio Vega de RTVE.es

Antonio Vega en Imaxes

Crédito da imaxe El País

lunes, 11 de mayo de 2009

sábado, 9 de mayo de 2009

Presentación do "Dicionario de Escritores de Deza"

Onte, asistimos, no Museo Ramón María Aller Ulloa de Lalín, á presentación do "Dicionario de Escritores de Deza" obra da nosa amiga Gracia Santorum.

Xuntámonos un bo grupo de amigos e amigas que disfrutamos coas palabras de Mario Pereira, autor do limiar, nos emocionamos coas de Gracia, rimos e moito con Celso Fernández Sanmartín un fantástico contacontos e non esquecemos a Diego Rojo que acompañou o acto coa fermosísima música do seu laud.

Disfrutamos porque ela disfrutou, era o seu día e aínda que os nervos non deixaron de facer acto de presenza temos que dicir que non se notaron nada. A "autora" móvese por este terreo como peixe na auga, é o seu, falar de libros, de lecturas, de bibliotecas escolares e como non, tamén se falou de blogs.

Benquerida Gracia felicidades e dende O Segrel desexámosche unha longa e prolífica carreira.

E como en todas as nosas celebracións, xa sabedes... non podía faltar a reportaxe gráfica. Desculpade a calidade, pero nesta ocasión, e dado o emotivo do momento, non nos movimos da nosa cadeira.



A noticia na prensa:
La Voz de Galicia
Entrevista a Gracia Santorum

viernes, 8 de mayo de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XLV)

Esta semana, os nosos venres musicais están dedicados a un bo amigo que está a pasar un momento moi duro.

Disque a música é un dos aloumiños da alma.... O tema "Tears in Heaven" quere ser iso, o noso aloumiño nestes difíciles momentos.

jueves, 7 de mayo de 2009

Os Sacapenas para Gaza nos Medios

Onte, alumnado e profesorado do noso centro presentamos ante distintos medios de comunicación a iniciativa "Sacapenas para Gaza".

Xan Morales, de RadioFusión, convocounos o martes ás 11.30 na Casa do Concello de Fene pois según el "Unha iniciativa tan fermosa hai que dala a coñecer".

Cando chegamos a nosa sorpresa foi enorme xa que alí estaban a xefa de prensa do alcalde, Pitusa de RadioFusión, as cámaras de Localia TV, fotógrafos... en fin todo un despliegue de medios aos que, temos que confesar, non estamos acostumados, pero o motivo pagaba a pena.

Contamos como unha iniciativa, que xurdira no CEIP A Rúa, se espallara a través das Bibliotecas Escolares por distintos centros de Galicia. Como foi acollida no noso centro e os pasos que seguimos para a elaboración dos bonecos onde non só se implicaron profesorado e alumnado senón tamén as familias.

Para nós foi todo un orgullo e moi emocionante escoitar a Laura e Roberto, alumnos de 2º e 4º de ESO, contar o que supuxo para eles esta experiencia. Laura expresou o seu desexo de que se volvera a repetir "xa que é un bonito xeito de que os nenos e nenas aos que van destinados estes bonecos sintan o noso cariño", mentres que para Roberto foi "Unha iniciativa que permitía ofrecerlle a nenos e nenas que están a vivir nunha época difícil a oportunidade de xogar, algo que para nós forma parte da normalidade, pero que no seu caso é un luxo case inalcanzable"

O noso alcalde Iván Puentes, alabou o traballo que se está a desenvolver dende o noso centro "que está á vangarda na formación non só académica, senón tamén na formación de persoas solidarias e comprometidas" e engadiu "Estas experiencias que valen para formar veciños e veciñas solidarios contarán sempre co apoio do Concello"

Hoxe a noticia aparece recollida en distintos medios.
RadioFusión
Fene Cidadán
Diario de Ferrol
La Voz de Galicia

Esta semana intentaremos achegarvos o documento sonoro dende Radio Barullo.

(Actualizado o venres 8 de maio)
En Radio Barullo xa tedes á vosa dispoción esa gravación prometica.

Dende O Segrel do Penedo queremos agradecer a Xan Morales que fixera posible esta fermosa presentación en "sociedade" dos nosos Sacapenas.

miércoles, 6 de mayo de 2009

Roteiro polas Bibliotecas Escolares (VIII) IES Fernando Esquío (Neda)

Hoxe fun de roteiro ao IES Fernando Esquío en Neda. Xa sei que vos estaredes a preguntar como é que falo en singular, pero é que as múltiples ocupacións dos meus compas fixo imposible que me acompañaran e aínda que tentei substituilos -certamente estiven a piques de conseguilo- seique estaba escrito nalgures que nesta ocasión este roteiro o tiña que facer soa. Pero non vos preocupedes estiven moi ben acompañada e tanto o recibimento como a despedida foron estupendos.

E agora na casa, repousada e tentando explicar nesta crónica o que aconteceu, resulta que me dou de conta que non entrei na biblioteca. Imposible de crer, non si? Pois é tan certo como que hoxe estiven alí e nin lembrei ese lugar de maxia que tanto me atrae e que sempre que entro nun centro de ensino é polo primeiro que pregunto. Logo que aconteceu para que o esquecera?

Teño que confesarvos que Begoña, unha fantástica persoa e magnífica profesional, xa o sabedes todos os que a coñecedes, non estou a descubrir nada novo, é ademais, e hoxe puiden comprobalo, unha verdadeira manitas e así na fantástica exposición sobre a Historia do Libro que visitei, se pode ver dende unha pintura rupestre ata exemplos de escritura cuneiforme, unhas tablillas de cera, papiros e as caixas para gardalos, códices, un taller de encadernación, unha exposición de libros especiais e un sinfín de cousas que compoñen unha marabillosa exposición que ninguén que teña a oportunidade debe perderse.

Parabéns ás artífices deste extraordinario exemplo do magnífico traballo que se está a facer nas Bibliotecas Escolares Galegas e que dende aquí vos queremos achegar xunto co noso recoñecemento e admiración.


Begoña e Loles, xa sabedes, queda unha visita pendente á Biblioteca do IES Fernando Esquío... tremendo despiste que só pode ser debido a esa fantástica exposición da que aquí vos deixamos unha pequena pincelada.

domingo, 3 de mayo de 2009

Cadea por Mario Benedetti (II)

En O Segrel non nos resignamos a deixar esta cadea de poesía e de vida que comezou hai uns días e a través dela queremos achegarvos, se cadra un pouquiño máis, a figura de Benedetti.

Non vos perdades esta entrevista onde nos fala da súa familia, da súas influencias, da súa vida...



Esta cadea tamén a podedes seguir en:
Fundación Saramago
Bibliosbardos
O Recanto de Mik
Papel en Blanco
Un millón de amigos
El Konsultorio


Poemas
Novas

sábado, 2 de mayo de 2009

Cadea por Mario Benedetti (I)

Dende O Segrel, queremos facernos eco dunha iniciativa ben fermosa polo que significa de acompañamento a Mario Benedetti, un poeta universal e que en tantos e tan distintos momentos da nosa vida nos ten acompañado.

A Fundación Saramago -a nós chegounos vía Bibliosbardos- e debido ao delicado estado de saúde dun dos nosos escritores máis admirado, propón facer unha cadea para conseguir que os poemas de Benedetti sexan lidos por todo o mundo e deste xeito desexarlle unha pronta recuperación.

Velaí vos achegamos unha serie de vídeos para que disfrutedes non só da maxia dos seus marabillosos poemas senón tamén da docura da súa voz.


En O Segrel, sempre temos a Benedetti moi presente:





Máis información en El País

viernes, 1 de mayo de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XLIV)

Hoxe traemos a Os Nosos Venres Musicais a Bob Dylan un dos iconos da música de todos os tempos, un mito que a piques de cumplir os 68 anos e como di o título do seu último álbum "Together through life" nos ten acompañado ao longo da nosa vida.

Neste álbum Dylan fala de mulleres e de amor en dez temas nos que mestura rock, blues e country demostrando que a súa música segue a ser universal.




Related Posts with Thumbnails