sábado, 31 de enero de 2009

ALFIN - Xogos

Que tal o xogo desta mañá? Preparádevos, este é unha miaxiña máis complicado.

Nesta ocasión estades ao fronte dunha biblioteca con moitos usuarios aos que debedes axudar a atopar distintos materiais de información. Deixovos unha pequena guía que vos axudará a comezar. "I'll get it"

Estades preparados? Pois picade na foto e xa sabedes, pasádeo ben!!


Non esquezades levar os libros que deixan enriba das mesas ao "book return".

Prestade moita atención ás caras dos usuarios, se teñen moito que esperar acabarán enfadándose e marcharán...

Gústame este xeito de practicar inglés, e a vós?

Mañá máis !!!!

Formación de Usuari@s - Xogos

Esta fin de semana imos xogar... máis que nada porque o tempo seique non vai axudar moito a sair, non?

Son uns xogos que atopamos nun blog amigo, e cos que comprobaredes se realmente sabedes como se organizan os fondos dunha biblioteca.

Hoxe comezaremos polo máis doado. O xogo consiste en organizar os libros nos andeis tendo en conta o sistema de clasificación da "Library of Congress".

Que decides, estades preparados? Pois picade na imaxe e... imos aló!!

Ah, que non volo dixera... si, o xogo está en inglés. Pero a estas alturas, non me digades que este vai ser un problema para xente tan preparada como vós, non?

Animádevos, é bastante... digamos... intuitivo, pero por se queredes botarlle unha ollada, deixovos aquí unha pequena guía "Whithin Range"

Haberá máis, así que practicade ben este para que o segundo vos resulte menos... complicado.

viernes, 30 de enero de 2009

30 de Xaneiro. Conspiración pola PAZ !!!

  • PAZ?????????????
  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.
  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.


AS POTENTES "ARMAS" DOS EXERCITOS ALIADOS


OS "DISPAROS" DENDE "O SEGREL DO PENEDO"

"Soldado" (Celso Emilio Ferreiro)

"Guerra e Paz" (Sofía M. Colaço)

"Belchite" (Miguel Labordeta)

"Think of Others" (Mahmoud D)

"Als die Nazis..." (M. Niemöler)

"Txoria Txori" (Mikel Laboa)

"Txoria Txori" (Mikel Laboa)

"Podries..." (Joana Raspall)
Albert, Mariona, Clara, Núria P., Núria S., Àurea, Sara, Laia, Rkia y Eloy


TAMÉN SE CONSPIRA DENDE:
Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña. `
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra .
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis
Tres Tizas. IES Emilio Campuzano. Bilbao
Biblioteca CEIP Sant Jordi. Lleida

Os Nosos Venres Musicais (XXXIII)

Txoria Txori


Hegoak ebaki banizkio

nerea izango zen,

ez zuen aldegingo.

Bainan, honela

ez zen gehiago txoria izango

eta nik...

txoria nuen maite.


Si le hubiera cortado las alas,

habría sido mío,

no habría escapado.

Pero así,

habría dejado de ser pájaro.

Y yo...

yo lo que amaba era un pájaro.


Hoy os presentamos este hermosísimo poema, nuestro pequeño homenaje y por supuesto de Marcos - a través de quien lo conocimos - Andreea y Marjory a Mikel Laboa, un reconocido cantante y poeta vasco, luchador por las libertades y por la lengua y la cultura vascas y recientemente fallecido.

En esta ocasión Mikel Laboa está acompañado por Alasdair Fraser, gran violinista escocés de música celta - cuántas cosas nos unen! - y su banda Skyedance.

Txoría Txori canción muy conocida en el País Vasco y muy cantada en colegios, calles, tabernas y fiestas, es un canto a la libertad y que hoy, día de la paz, queremos haceros llegar. Esperamos que os guste tanto como a nosotros.

Eskarrik asko Marcos, este verano la cantaremos en Getxo !!

jueves, 29 de enero de 2009

El Valor de la INTERCULTURALIDAD, el Valor de la AMISTAD!!!

Mañana, se celebra el Día de la No-Violencia y la Paz. Con motivo de este celebración, como ocurrió el año pasado así como en otras fechas señaladas, los blogs de las Bibliotecas Escolares Gallegas decidimos unirnos para decir BASTA YA!!. Basta ya de tanta violencia, de tanto horror, de tanta barbarie...

En esta ocasión la actividad organizada consiste en que el alumnado procedente de otros países lea un poema en su lengua materna, pero en nuestro instituto no tenemos alumnos de otras culturas, todos somos gallegos, con lo que se nos planteó un problema.

Qué podíamos hacer? Pues, ni más ni menos, que lo que solemos hacer siempre, echar mano de los amigos... Nos pusimos en contacto con Marcos Cadenato (Tres Tizas) de Bilbao y con Montse (CEIP Sant Jordi) de Lleida y ellos consiguieron que desde O Segrel se pudiesen escuchar dos hermosísimos poemas uno en vasco y otro en catalán leidos el primero por una chica rumana y otra brasileña, y el segundo por diez chicas y chicos catalanes.

No os parece maravilloso lo que puede hacer la blogosfera y sobre todo los amigos?

Esta entrada, con nuestro más sincero agradecimiento, va dedicada a todos ellos; a Marcos, a Montse, a su compañera Dolors y a su estupendo alumnado, que hicieron posible, gracias a este fantástico trabajo colaborativo, que en O Segrel do Penedo nuestro SI A LA PAZ!! tenga en esta ocasión el inmenso valor de la INTERCULTURALIDAD. Un maravilloso trabajo colaborativo que mañana formará parte del de las Bibliotecas Escolares Gallegas y que hoy queremos presentaros.


IES Emilio Campuzano (Bilbao)

"Txoría Txori" de Mikel Laboa, recientemente fallecido y a quien mañana haremos nuestro pequeño homenaje desde "Nuestros Viernes Musicales"
Andreea Surdu Tunde, 14 anos, 2ºESO, Rumanía




Marjory Nascimiento Caetano, 14 años, 2ºESO, Brasil





CEIP Sant Jordi (Lleida)

"
Podrías..." de Joana Raspall

Albert, Mariona, Clara, Núria P., Núria S., Àurea, Sara, Laia, Rkia y Eloy. 6º de Primaria, Cataluña




Estos son sus comentarios, en los que también han participado sus compañeros Andreu y Daniel, sobre este maravilloso poema.
  • No puedes complicarle la vida a quien viene, su vida ya ha sido muy complicada.

  • Esto es como una lotería, a ti te ha tocado lo bueno y a otros lo malo.

  • Has tenido la suerte de nacer en un país desarrollado, podrías haber nacido en su país.

  • Hemos de tratar mejor a las personas que vienen de fuera (inmigrantes) porque su situación podría ser la nuestra.

  • Esta poesía me gusta mucho porque expresa las cosas con mucho cariño, amor, reflexión.

  • Tenemos suerte de tener libros, familia, comida...

  • Aprende a valorar lo que tienes, piénsalo.

  • Disfruta de la vida sin dudar ni un momento.

  • Piensa en los demás.

  • Tus padres te dan lo mejor que tienen.

Dolors, la tutora de sexto, nos explica que la música que introduce y termina el poema, ha sido compuesta por Davir Esterri y pertenece a la obra "Rock Jove per Sarajevo" que los alumnos del "IES María Rúbies" de Lleida representaron en marzo de 2003

No os perdais mañana la entrada "30 DE XANEIRO, CONSPIRACIÓN POLA PAZ !!

miércoles, 28 de enero de 2009

Light Graffity

Light graffity, ou graffity de luz, e un dos movementos que xurde arredor do graffity. Unha mostra de arte urbano que mestura luz e fotografía.

Un dos primeiros graffiteiros con luz, probablemente, foi Picasso. Velaí tedes un par de probas de tal afirmación.











Para crear imaxes, tanto fixas como en movemento só e necesario unhas cantas luces de distintas cores, unha cámara e moita imaxinación.

O Light Graffity é arte participativo, creativo e sobre todo moi divertido. Calquera pode participar, e ademáis ten un matiz engadido... a intriga. No veredes a vosa obra, mentres non reveledes as fotos, xa que o debuxo queda exposto en negativo coa foto que sacáchedes.

Aquí tedes algúns exemplos.


Gústavos, eh? Deixovos aquí un titorial, por se vos animades e queredes pasar unha fin de semana con moito arte...

martes, 27 de enero de 2009

6.000.000.000

"Ás veces, en clase, váiseme a pinza. Pipeo o profe e o nacho pensa que lle estou atendendo. Pero non. Estou á miña bola. Pensando, tío. Pensando. Teño moitas movidas no coco. Están os colegas, Laurita, os meus vellos,...Pero tamén teño outros rollos: o sentido da vida, o primeiro recordo, Deus, o que hai despois de palmala,...Estoume comendo a olla con preguntas moi chungas, tío. Molaría tela saber o que pensa a peña."


lunes, 26 de enero de 2009

Publicidade (II)

CAMPAÑA INTERMON-OXFAM "ARMAS BAIXO CONTROL"


Derrubemos todo tipo de muros, non só aqueles que nos separan físicamente...


Hoxe, "O Segrel do Penedo" convértese no blog do CEIP Os Casais, os nosos veciños e amigos, que aínda non saíron á blogosfera, pero que esperamos axiña formen parte desta tolemia colectiva.

Grazas Maribel-Xarela por permitirnos, a través destes vídeos, estar unha miaxiña máis preto de vós e facernos reflexionar, unha vez máis, sobre as terribles consecuencias das guerras.

"Malditas sexan as guerras e os canaias que as apoian"

Julio Anguita (Vía)

Publicidade

(Por xentileza de Loly)

domingo, 25 de enero de 2009

Novas Ferramentas (II) !!!

Que vos parecería se este curso, parte de "A Olimpíada do Saber" a fixéramos on line?

A nós tamén nos parece boa idea, así que xa estamos a probar novas ferramentas como esta. Xa sei, xa sei que onte, o noso "amigo" xa falou dela, pero só dunha das múltiples posibilidades que ten. El falou de que nos permite facer test de resposta múltiple como o que vos presentamos aquí sobre O Segrel do Penedo, pero neste test atoparedes ademais, despois de respostar a algunha das preguntas, información adicional para que ampliedes os vosos coñecementos. Queredes xogar? Adiante logo, veremos cantos puntos conseguides!!

Pero é que tamén podemos utilizar vídeos... E que mellor que facer a proba cunha das últimas actividades realizadas e coa que tanto disfrutamos. Podedes visionar primeiro o vídeo e logo comezar o xogo, pero se estades seguros de que no obradoiro aprendíchedes todo sobre as Regueifas dádelle ao "Start" e a xogaaaaar!!!

Que vos parece, é chulo, eh?

Estamos de acordo, pero aínda así, seguiremos vendo outras posibilidades que a Web nos ofrece, que non son poucas, o problema é, como sempre, o tempo, e non precisamente o atmosférico...

Actualizado o luns 26 de xaneiro pois queremos pedir disculpas ao blog Locus Amoenus, blog de Historia da Arte de 2º de Bacharelato do IES Alagón, xa que esquecimos poñer que foi na súa entrada do 3 de decembro onde atopamos este novo recurso.

Colección de Cubertas de Daniel Gil

Vía Brétamas, descubrimos a existencia dunha marabillosa colección de cubertas deseñadas por Daniel Gil para Alianza Editorial e que Álvaro Sobrino, deseñador gráfico, periodista e editor, reuniu durante anos en librerías de vello, mercadiños, etc. e que subiu a Flickr para disfrute de todos os amantes do arte e o deseño.

Nós, o único que aportamos, e grazas a unha das múltiples posibilidades que Flickr nos ofrece, é achegarvos unha presentación con esta magnífica colección de 938 extraordinarias cubertas.

Vós, o que tedes que facer, é sentarvos e disfrutalas.


Created with Admarket's flickrSLiDR.
Agradecer a Álvaro Sobrino a seu magnífico traballo e a súa xenerosidade ao compartilo con todos nós.

sábado, 24 de enero de 2009

Novas Ferramentas !!!

Seguimos probando novas ferramentas coas que poder achegarvos a vosa/nosa música favorita. Seique o reprodutor que estabamos a utilizar xa estaba unha miaxiña antigo así que nos cambiamos a Ivoon.

Que vos parece este ipod? É chulo, nonsi?

Se movedes o cursor por riba dos títulos aparecerán máis. Elixide o voso preferido e disfrutadeo.



Ademáis ten algo que nos gusta moito. Os cambios dos temas fanse automáticamente, só temos que entrar nos nosos arquivos en Ivoon e seleccionar as cancións que queremos oir e aparecerán automáticamente no reprodutor do noso blog. Non hai que modificar códigos, nin tocar nada. Está ben, nonsi?. Nós levamos uns días probándoo e gústanos.

viernes, 23 de enero de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXXII)

Vía o noso blog amigo A Nosa Clase de Latín (Grazas Beni) achegámosvos o fermoso poema de Celso Emilio Ferreiro "IRMAUS" nas voces de Fuxan os Ventos.

Dende Os Nosos Venres Musicais seguimos a decir Basta Xa de tanto horror, de tanta barbarie.

Que remate xa esta "Longa noite de pedra"!!

video

jueves, 22 de enero de 2009

O Poder da Palabra

Hai xa uns cantos días, que a actualidade, tozuda ela, fixo que este artigo se retrasara, o primeiro que fixen nada más sair da casa foi coller o xornal e, como todos os días, a primeira ollada foi para o artigo de opinión da última páxina. E alí as atopei, alí estaban da man de Rosa Montero, Mari e as súas amigas, e tras elas apareceron Julia e outra Mari... Cantas máis?

En España, hai casi un millón de persoas, a maioría mulleres, que non saben ler nen escribir. Mulleres que tiveron que sair adiante sen máis axuda que a súa forza e a súa valentía para enfrontarse a un mundo moi difícil, a un mundo terriblemente hostil cando non contas coa axuda destas ferramentas case imprescindibles na nosa vida cotiá.

Pero estas mulleres, con esa mesma valentía, decidiron non rendirse, decidiron que os anos non tiñan que ser un obstáculo para acadar o que tanto ansiaban, que o tempo, terrible enemigo, ía ser un aliado co que logarían chegar a disfrutar do poder da palabra.

Crédito da imaxe

María cóntanos que para ela, a posibilidade de aprender supuxo "ver un ceo aberto", un ceo aberto polo que a luz entraba a raudales para acabar coa terrible escuridade na que estivera sumida durante case toda a súa vida

Que a luz dese ceo, ilumine sempre a vosa palabra e a vosa vida.

miércoles, 21 de enero de 2009

Zana Briski e os seus "Nenos con Cámara"

Hoxe traémosvos uns fotógrafos moi especiais. As súas fotografías non adoitan sair nas portadas de revistas de gran tirada, nin son expostas en famosas galerías de arte... pero adicádelles cinco minutos e veredes como quedades atrapados pola súa marabillosa historia.

A historia dos Nenos con Cámara xurde da man de Zana Briski, unha fotógrafa que entrou no barrio vermello de Calcuta para fotografar ás prostitutas e quedou impresionada polas condicións de vida que estaban a sofrir os seus fillos. Decide entón ensinarlles a utilizar unha cámara fotográfica e a partir de aí fan un documetal "Los Chicos del Barrio Rojo / Born into Brothels", gañador dun Óscar ao Mellor Documental do 2004, e co que Zana intenta dar a coñecer a vida destes rapaces e procurarlles un futuro mellor.


Tapasi, 11 anos
"Cando conseguimos utilizar unha cámara por primeira vez sentímonos moi ben. Nunca antes tivéramos esa oportunidade... Víamos outra xente facéndoo e desexábamos ter tamén unha cámara"

Tapasi quería ser profesora, e soñaba con ser quen de cuidar aos seus irmás pequenos. Fotografaba a crúa realidade da súa vida, utilizaba a cámara para contar a súa historia. Hai dous anos, con tan só 16, deixou a organización Sabera para casar.

Suchitra, 14 anos
"Cando teño unha cámara nas miñas máns síntome feliz. Sinto que estou a aprender algo... sinto que son alguén"

A fotografía que Suchitra sacou da amiga da súa irmá foi elixida como portada do calendario 2003 de Amnistía Internacional. Con 21 anos casou e marchou de Calcuta.

Shanti, 11 anos
"Tía Zana apréndenos tan ben que todo nos entra na cabeza. Gústanos tanto sacar fotografías que esquecemos facer o noso traballo"

A Shanti gustáballe case máis utilizar a cámara de vídeo. Unha das esceas da escola no documental "Born into Brothels" gravouna ela. Segue a estudar en Future Hope e o está a facer moi ben.

Gour, 13 anos
"Quero amosar nas miñas fotografías como vive a xente desta cidade. Quero explicar o comportamento dos homes

A Gour non lle gustaba o seu contorno e quería utilizar a fotografía para cambialo. Parece que segue a vivir no Barrio Vermello pero xa non mantén contacto con "Nenos con Cámara"

Avijit, 11 anos
"Primeiro quería ser médico, despois artista, agora quero ser fotógrafo"

Artista de gran talento innato gañou moitos premios coas súas pinturas. Foi invitado pola World Press Photo Foundation con sede en Amsterdam, como membro xurado xuvenil no ano 2002. No 2005 conseguiu unha bolsa de estudos por catro anos para un dos mellores institutos Americanos. Comezou este curso na universidade e quere facer medicina e cine.


Created with Admarket's flickrSLiDR.

Estes son só algúns dos protagonistas desta fermosa iniciativa.
Se queredes saber máis entrade en:
Calcuta's Red Light Kids
Kid's with Camera

Atoparás nos fondos da nosa biblioteca a película "Born into Brothels / Los niños del Barrio Rojo"

martes, 20 de enero de 2009

Israelís Comprometidos (III)

Non só cidadáns civís e xentes da cultura se opoñen a este horror. Soldados israelís tamén din non a este xenocidio. (Vía)

Son varias as organizacións que se teñen constituido ao longo deste anos.

Breaking de Silence (Racha co Silenzo)
Soldados que contan o acontecido durante a ocupación de Gaza. Os seus testimonios, fotos e vídeos dalgunhas das atrocidades que se están a cometer cos Palestinos. Soldados que decidiron decir basta xa e rachar co silenzo.

Documentos (en inglés)

Courage to Refuse (Carraxe para rexeitar)
Fundada por 50 oficiais e soldados, na súa "Carta de Combatentes" pódese ler:

"Declaramos que non continuaremos a combater nesta guerra dos asentamentos. Non seguiremos a pelexar máis alá das fronteiras de 1967 para dominar, expulsar, matar á fame e humillar a todo un pobo. Declaramos que seguiremos a servir ás Forzas de Defensa Israelí en calquera misión que sirva a defensa israelí. As misións de ocupación e opresión non sirven a este propósito - e non tomaremos parte nelas."

Yesh Gulf (Todo ten un límite)
O movemento máis potente de todos xurde no 1982 e na súa declaración de principios din:

"Nós, homes e mulleres, reservistas e soldados das Forzas de Defensa Israelí, como cidadáns responsables, polo presente documento declaramos que non tomaremos parte na continua opresión do pobo Palestino nos territorios ocupados e non participaremos en accións policiais ou na garda dos asentamentos."


Vídeo da manifestación Courage to Refuse, celebrada en Tel-Aviv o 8 de xaneiro de 2009 (Subtitulado en inglés)

Israelís contra a violación dos DDHH por parte de Israel



Se queredes saber máis sobre Poetas israelís comprometidos, visitade Mesturas.

lunes, 19 de enero de 2009

Publicidade

domingo, 18 de enero de 2009

Israelís Comprometidos (II)

Vendo como é presentada a situación en Palestina por algúns medios de comunicación, nós, queremos achegarvos a todos eses israelitas que intentan conseguir levar a Paz a uns territorios onde o que impera é a violencia, a represión, o terror, con todo o que iso conleva para a súa propia seguridade e a das súas familias. (Vía)

Gush Shalom
Unha das organizacións máis fortes en Israel, e que conseguiu reunir a 10.000 persoas en Tel Aviv para manifestarse en contra da ofensiva a Gaza do pasado día 3.
Unha organización cuxo principal obxectivo é a conciliación entre o pobo palestino e o israelita.

Os Shministim
Xoves obxectores que se negan a entrar no exército que ocupa os territorios palestinos.


“[...] Somos obxectores porque rexeitamos servir no exército que está a ocupar Palestina. [...] Negar os Dereitos Humanos máis básicos aos palestinos está a poñernos a todos en perigo. Está mal, é ilegal, é inmoral, vai contra os nosos principios, contra os nosos valores, por iso somos obxectores de conciencia, somos ashministim. […] Palestinos, musulmáns, israelís, cristianos, xudeus... todos necesitamos estar unidos contra a violencia, contra a represión non importa quen a inflixa...”

“O odio dos humillados é a arma de máis longo alcance”

Manuel Vicent

sábado, 17 de enero de 2009

Nenos Palestinos: Deámoslles Voz !!

Onte recibimos un correo de Pilar Sampedro, unha boa amiga, que facía unha reflexión en voz alta sobre o que está a acontecer en Palestina, e non quero deixar de publicala, polo que supón de darlle voz aos nenos, aos máis inocentes, aos que máis están a sufrir este xenocidio.

[…] tal vez se impoña unha reflexión imprescindible acerca dos medos e dos odios, de como hai que lembrar o pasado pero non instalarse nel para facerse dono duns dereitos absolutamente inxustos cos demais pobos. […]

Para cando os nenos palestinos terán unha voz que no seu nome lles fale aos nenos do mundo? Pensade na cantidade de libros protagonizados -con todo o dereito e algún máis- por nenos xudeus. Terán que matar a moitos máis -tantos coma aquela vez- para que alguén se faga eco da súa voz?

P.S.

Nenas e Nenos Palestinos


Created with Admarket's flickrSLiDR.

Grazas Pilar por permitirnos que a túa reflexión sexa a que pon voz aos que están a ser calados.

Que nunca aniñe neles o xerme do odio!!!

Nen@s Palestinos "Onte e Hoxe" Non deixedes de entrar en Mesturas!!

Israelís Comprometidos (I)

Vía o magnífico blog amigo Mesturas queremos que coñezades o compromiso de moitos israelitas coa causa do pobo Palestino. Onte falabamos de Daniel Barenboim e a súa orquesta, hoxe presentámosovos dúas organizacións, unha de mulleres e outra de artistas que piden o fin da guerra e a represión, co que iso supón para eles...

Machsom Watch.
Existe desde 2001. É unha organización de mulleres israelís contra a ocupación dos territorios e a sistemática represión da nación palestina. Reclaman liberdade de movemento dentro dos territorios e o final da ocupación que destrúe a sociedade palestina e tanto dano causa á sociedade israelí. Estas admirables mulleres gravan, filman e testemuñan diariamente, hora por hora, todo tipo de vexames e abusos . Logo difunden ese material a través de internet porque é imposible facelo doutro xeito dentro do seu propio país. É evidente o risco que esta actividade implica para elas.

Drafted Art.
É unha iniciativa que parte dun grupo de artistas israelís. Este é parte do seu manifesto
“...Opoñémonos á guerra. Moitos de nós asinamos peticións, participado en manifestacións e distribuído información esencial a través dos medios de comunicación e da rede. Aínda que son accións significativas só serven para acentuar o noso sentimento de impotencia. Non hai resposta máxicas. Cada acción é só un paso no camiño á revolución. Esta exposición é unha petición que consiste en sinaturas visuais, en lugar de só nomes.
Usamos fotos, cómics, videos, cuadros... Utilizamos a nosa creatividade para loitar contra a guerra”


Created with Admarket's flickrSLiDR.

Vía Iniciarte

Ante o papel que están a desenvolver xentes tan valentes, non podemos evitar lembrar as palabras de Martin Luther King

"A nosa xeración non se terá lamentado tanto dos crimes dos perversos, como do estremecedor silenzo dos bondadosos"

Esta entrada a queremos adicar a eses "bondadosos israelitas" que non deixan de berrar "Basta Xa!!"

viernes, 16 de enero de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXXI) "Paz en Gaza"

Orquesta West-Eastern Divan
Daniel Barenboim
"Preludio" (Wagner)


A orquesta West-Eastern Divan, fundada no ano 1999 por Daniel Barenboim e polo palestino Edward Said (1935-2003) co obxecto de promover a convivencia pacífica e loitar contra a intolerancia a través da música, está formada por máis de 100 músicos de Israel, países árabes e España.

Daniel Barenboim, despois dun concerto en Ramala, o 12 de xaneiro de 2008, aceptou a cidadanía palestina honoraria, converténdose deste xeito, no primeiro cidadano do mundo coa dobre cidadanía israelí e palestina.

"Desexo que a miña nova condición sexa un exemplo de coexistencia palestino-israelí. Creo que os destiños destes dous pobos están inexorablemente unidos"

Daniel Barenboim

Máis opinións
Reporter del Espectáculo
La Opinión

jueves, 15 de enero de 2009

Palestina

Vía Trafegando Ronseis, o noso blog amigo, chéganos este vídeo sobre Palestina.

Un vídeo que amosa a nosa repulsa ante tanta barbarie, ante tanto horror.

Un vídeo que pide a PAZ !!!

video

miércoles, 14 de enero de 2009

Gregory Colbert (II)

Se vos gustou a presentación fotográfica da semana pasada, non vos perdades estes vídeos.

Só necesitades uns minutos para disfrutar da beleza que supón a verdadeira comunión entre home e natureza no seu estado máis natural e nun contorno de armonía e paz.

Apagade as luces, acomodádevos ben e deixádevos levar pola maxia desta fermosísima poesía visual.

ASHES AND SNOW


FLYING ELEPHANTS



"Sentirse asombrado pola natureza en todas as súas formas é a alma de Ashes and Snow. Intentei deixar abertas as fiestras e as portas para que outras persoas poideran entrar e sentir o mesmo asombro que sentín eu durante cada momento da creación do traballo."
Gregory Colbert

Máis Información en:
Ashes and Snow

O Segrel quere dedicarlle esta entrada a Emilio Varela Rivera, periodista e naturalista galego con quen compartimos unha interesantísima xornada o pasado 19 de decembro e da que daremos cumplida conta neste blog.

martes, 13 de enero de 2009

Ata Cando Esta Barbarie?

Ata cando seguiremos pedindo que remate este xenocidio?


Ata cando seguirá morrendo xente inocente?


Ata cando teremos que esperar para ver a fin desta barbarie?


Ata cando seguiremos berrando BASTA XA?


Ata cando...?


Para amosar a nosa repulsa a tanto horror, presentámosvos os debuxos de Eneko, un artista que coñecimos a través dun blog amigo "El balcón abierto" e que nos impresionou pola súa temática, pola súa forza e o seu compromiso.


Os debuxos de Eneko fálannos da barbarie, da senrazón, das inxustizas, da violación dos dereitos humanos, ... a súa obra fálanos de Gaza


"A nosa xeración non se terá lamentado tanto dos crimes dos perversos, como do estremecedor silenzo dos bondadosos"
Martin Luther King

lunes, 12 de enero de 2009

Publicidade

sábado, 10 de enero de 2009

Apoio para "Chicass 10"

Hoxe queremos facervos unha proposta, Apoiar ao Blog Chicass 10, nominado como Mellor Blog do Ano por RTVE no premio Miradas2.


Para presentarvos este blog que coñecimos o verán pasado nos III Encontros Edublog que se celebraron en Santiago, escollimos esta Carta de Presentación escrita por Lourdes Barroso

"Chicass 10" no es un blog cualquiera, es una ventana abierta en el módulo de mujeres de la cárcel de Teixeiro. Es una experiencia educativa basada en el voluntariado de quienes enseñan y el coraje, la voluntad de superación, y la esperanza de un puñado de mujeres condenadas no solo a la reclusión, sino también a la exclusión social. Este blog se escribe sin Internet, porque en la cárcel no hay acceso a Internet, pero es el motor de arranque de la motivación de quienes publican en él, lo hace con esmero, es su "cuaderno de limpio", la mayor parte de ellas se están alfabetizando, nos muestra su historia y sus aprendizajes. A través del blog han buscado nuestra mirada, nuestro comentario, nuestro apoyo, que va llegando con cuentagotas. El fuerzo realizado, el compromiso, el cambio en lo personal, no se ha visto hasta ahora recompensado por parte de la administración penitenciaria, pero quizás ahora se abra una nueva oportunidad, si entre todos somos capaces de movilizarnos darles nuestro apoyo. Chicass 10 ha sido nominado como mejor blog del año por RTVE.es en los premios Miradas2, tal vez, si somos capaces reunir los votos suficientes, las cosas en Teixeiro puedan cambiar.

"Quizás non consigamos que gañen pero alomenos terán coseguido o noso recoñecemento, necesítano e meréceno".


¡¡Vota Chicass 10!! Nós, xa o fixemos!!

¡¡Difunde esta mensaxe!!.

Tamén en:
Agabel

Itinerarios Lectores (I): Matemáticas

Rematadas as "merecidas" vacacións voltamos con enerxías renovadas e novos folgos para retomar vellos proxectos, ás veces esquecidos e non por iso menos apaixoantes, acometer outros novos que xa temos en mente, aqueloutros fascinantes que nos están a propoñer... en fin, a nosa tarefa cotiá.

Un deses proxectos do trimestre pasado, consistía na elaboración, por parte dos distintos departamentos do centro, duns itinerarios lectores para os diferentes nivéis educativos que propicien a adquísición duns fondos renovados e atraintes para os nosos usuarios.

Hoxe, presentámosvos a proposta que nos chega dende o departamento de Matemáticas




A vindeira semana sairán os de Grego, Literatura Galega e Tecnoloxía.

Que vos parece a oferta?

Ademáis, todas estas propostas de lectura estarán á vosa disposición en formato PDF, no lateral esquerdo do noso blog, nun novo bloque que denominamos"Documentos a Compartir".

viernes, 9 de enero de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXX)


Unha fermosa iniciativa de Mark Johnson que el explica como "Un movemento multimedia creado para inspirar, conectar e traer a Paz ao mundo a través da Música"

Viaxamos arredor do mundo en busca de Inspiración. Con paixón, para conectar o mundo a través da música.

En Nova Orleans descubrimos o poder da música para perseverar.

En España descubrimos o poder da música como celebración.

En Sudáfrica descubrimos o poder da música para unir.

Na India e Nepal descubrimos o poder da música para alumear...

Porque a música non sabe de fronteiras nin de razas, a música pode levar a Paz polo mundo

STAND BY ME

jueves, 8 de enero de 2009

Sombreiro Branco vs Sombreiro Negro... Black Hat White ...

Fantástica descoberta a deste corto de animación con plastilina (Claymotion) no blogue amigo da Biblioteca Sant Jordi. Non volo perdades!

Para reflexionar...




Ata cando esqueceremos poñérmonos no lugar do outro?

Ata cando creeremos estar sempre en posesión da verdade absoluta?

Ata cando pensaremos que a violencia é o único xeito de arranxar os problemas?

Ata cando ...?

PAZ EN GAZA!!!

(Non perdades o detalle da primeira páxina do xornal que está a ler un dos veciños...)

miércoles, 7 de enero de 2009

Gregory Colbert (I)

Hoxe traémosvos unha nova proposta de lectura de imaxes, a fotografía.

Cada mércores, achegarémosvos unha ou varias fotografías que pola súa temática, polo que nos transmitan, pola relevancia do seu autor,... consideremos que son obras de arte que non deberíades perder a oportunidade de coñecer e mesmo admirar.

E para comezar farémolo con Gregory Colbert, un fotógrafo e cineasta creador de "Ashes and Snow" unha exposición fotográfica e de vídeos que viaxa no Museo Nómada. Unha das maiores exposicións feitas nunca por un só autor en Europa.

Unha exposición que pola súa plasticidade e beleza consigue sorprendernos, admirarnos, pero sobre todo conmovernos e emocionarnos.

É poesía visual, unha poesía que aloumiña o noso esprito.

Non vos perdades a 2ª parte o vindeiro mércores!!

Esta entrada dedicámollela aos membros do club de lectura Ars Legendi

martes, 6 de enero de 2009

E para Nós Tamén Houbo Agasallos !!

Este ano tanto Papá Noel como as súas Maxestades tiveron a ben deixarnos un agasallo co que poder disfrutar. Seique non o debimos facer moi mal no 2008!!

O primeiro deixáronnolo en Educación Tecnolóxica. É un fermoso aparato de radio a través do que a partir de agora escoitaredes as nosas entrevistas. Que vos parece? A nós gústanos moito.


Se queredes ver como funciona, entrade en Radio Barullo e xa nos contaredes.

O segundo atopámolo en Libros y Bitios e nada máis velo, teño que confesar, que en quen primeiro pensei foi no noso benquerido Capitán K. É unha fantástica ferramenta (que ben seguro el xa está canso de coñecer) para non perder eses artigos que gardamos para mellor momento e que cando este chega non damos atopado a carpeta onde o metimos (non vos soa isto?)

O Instapaper é esa ferramenta que despois de terte rexistrado e unha vez que arrastres o botón Read Later (Ler Logo) á barra do teu navegador, o único que tes que facer é picar nese botonciño cada vez que queras ter a mán ese artigo que che interesa.


Por certo, tamén podes utilizalo a través do móbil, do iphone... vamos, que se agora se nos despistan algún deses artigos non será por falta de medios que nolos acheguen.

En fin, que seique comezamos o 2009 tan ben como rematamos o 2008. Que siga así!!!

lunes, 5 de enero de 2009

Publicidade

A partir de hoxe, presentarémosvos cada luns un xeito distinto de lectura, a lectura de imaxes, e queremos facelo a través da publicidade.

A nosa primeira proposta para este ano é, como non, sobre a lectura e o seu fomento. Que mellor, non si?

SE TI LES, ELES LEN

PLAN GALEGO DE LECTURA

PLAN FOMENTO DE LECTURA

viernes, 2 de enero de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXIX) "PAZ EN GAZA"!

CONCERTO DE ANINOVO 2009
ORQUESTA FILARMÓNICA DE VIENA
DIRECTOR DANIEL BARENBOIM

EL DANUBIO AZUL

MARCHA RADETZKY

"Para lograr a Paz, hai que combatir a ignorancia"

'Nós, o pobo xudeo, debemos saber e sentir con máis urxencia que outros que o asasinato de civis inocentes é inhumano e inaceptable'

Daniel Barenboim

Carta Aberta de Barenboim ante os bombardeos de Israel en Gaza.
Gaza y el Año Nuevo (El País)

Asina pola Paz entre Israel e Palestina.
Related Posts with Thumbnails