venres, 29 de febreiro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XVII)

Esta entrada é posible grazas a Joyceline Iglesias, que nos presentou a Candice Breitz. Dedícanola a nós, ou sexa, a todos eses cantantes que nunca daremos o salto á fama por selo. Premede no nome desa artista sudafricana, ide a "work", buscade "video" e alí "Queen". Agardade un pouco e... a cantar que non o ides resistir!

martes, 26 de febreiro de 2008

Publicidade

Contamos cos mellores pilotos.



Para que xogues cos simuladores de a bordo.




Para que fagas películas de “terror aéreo”.




Para que soñes cos libros de fotos da biblioteca dos nosos avións.





O Segrair. A túa aerolínea.


Pensando en ti. Pensada para ti.





venres, 22 de febreiro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XVI)

Esta semana dedicámoslles os nosos venres musicais a Antía, Samantha, Daniel e Altair gañadores do Concurso de Cartas de Amor e fans de Porta.

Porta naceu en 1988 en Barcelona. O seu alcume, "El Portador", elixiuno el mesmo, e foron os seus amigos quen o acurtaron e deixaron en "Porta".Aos 9 anos comezou a interesarse polo rap, pero non foi ata os 12 cando empezou a escribir. Ademais do Hip Hop gústalle o New Metal e grupos como Linkin Park e Limp Bizkit e foi el mesmo quen colgou as súas maquetas en internet e a partir dese momento a súa música non deixou de soar.


MI REALIDAD

luns, 18 de febreiro de 2008

O Capitán Kalandraka e o Ninja

Hoxe, e grazas a Mangas Verdes, descubrimos unha desas "chorradas" que tanto nos gustan e coas que sempre nos agasalla o Capitán Kalandraka e por unha vez, e sen que serva de precedente, queremos ser nós os que o sorprendamos a el.

Aínda que non sei eu se o conseguiríamos!!!

Ninja!

Teríanse coñecido xa o Capitán e o Ninja?

domingo, 17 de febreiro de 2008

Os Clubs de Lectura "O Segrel"

Esta semana tivemos outra sesión dos clubs de lectura. Unha actividade coa que cada día estamos máis ilusionados e máis implicados e da que todos aprendemos tantísimo.

A última obra que leron os rapaces foi “
El alma del bosque” de Manuel López Gallego, gustoulles moitísimo.
Falamos da influencia das compañías, tanto para ben como para mal, así como da posibilidade de reinserción dos delincuentes…

Membros do Club do Alumnado:

Sentados e de esquerda a dereita: Laura, Laura López, Lukas e Sara.

De pé e de esquerda a dereita: Roi, Ángela, Leonardo, Nerea, Michelle e Xano

Faltaba Paula, os exames do día seguinte foron os "culpables"...


Logo dun debate moi interesante subimos á aula de informática a seguir traballando con algunhas destas novas ferramentas que a Web 2.0 pon ao noso alcance e que tanto os motiva. Fixeron comentarios do libro lido e tamén algunha suxestión de lectura no seu blog.

O blog dos segreis” naceu co obxectivo de ser un punto de encontro para o noso alumnado no que poder facer os seus comentarios, as súas suxestións de lectura, cine, música... Un espazo para debater, compartir, colaborar, en definitiva, para aprender; obxectivo este cara ao que nos imos achegando día a día.

Para a próxima reunión elixiron “
O inferno de Marta” de Pascual Alapont.

No club dos pais e nais lemos «
Sueños en el umbral » de Fatima Mernissi. Un libro marabilloso que nos proporcionou un tema de debate do máis interesante.

Nesta ocasión o club non se reuniu na biblioteca do centro, xa que decidimos comezar esta semana un roteiro polas bibliotecas das sociedades culturais das distintas parroquias do concello. A primeira elixida foi a Sociedade Cultura e Deportiva de “O Pote” de Maniños onde pasamos unha tarde moi agradable.





(Maniños - Fene)






O libro elixido para a próxima reunión é “La ladrona de libros
” de Markus Suzak.

Estes clubs de lectura están a ser unha das mellores experiencias que se están a desenvolver dende a nosa biblioteca e que recomendamos a todos os que esteades interesados en poñelos en práctica.

sábado, 16 de febreiro de 2008

Flores, Cartas... e Moito Amor

Por terceiro ano consecutivo, e con motivo do Día dos Namorados, convocouse un Concurso de Cartas de Amor, concurso que, como ven sendo habitual, congregou un elevado número de participantes.



Máis non foi o concurso o principal protagonista do día, este papel desempeñouno un marabilloso ramo de flores que, como acostuma acontecer nestas datas, chegou ben cedo ao noso instituto e cuxa destinataria, Verónica, recibiu de mans de Roberto, un dos nosos conserxes sempre disposto para estes menesteres.

QUE BONITO É O AMOR!!



Roberto e Verónica

Samantha, Daniel e Altair (Os gañadores do concurso)

venres, 15 de febreiro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XV)

Esta semana, e visto o éxito acadado polos nosos venres musicais "dedicados", imos dedicarlle este post a Ángela, membro dun dos nosos clubs de lectura, que lle gusta tanto a lectura como a música e que nos pediu, nun comentario feito o venres pasado, un dos temas de Mika.


Mika é un artista a quen comparan cunha mestura entre Freddie Mercury e Beck, que foi fichado no 2007 por un reactivado sello de música disco dos 70 "Casablanca Records". Recibe influencias do mundo do cómic, dos debuxos animados e de diferentes artistas da música pop.

RELAX, TAKE IT EASY

xoves, 14 de febreiro de 2008

Amor, Música e Poesía

"Si no te conozco, no he vivido; si muero
sin conocerte, no muero, porque no he vivido."


Nat King Cole & Natalie Cole

"When I fall in Love"


When I fall in love,
It will be forever
Or I'll never fall in love.
In a restless world like this is,
Love is ended before it's begun
And too many moonlight kisses
Seem to cool in the warmth of the sun.

When I give my heart,
It will be completely
Or I'll never give my heart.
And the moment I can feel that
You feel that way, too,
Is when I fall in love with you.

And the moment I can feel that
You feel that way, too,
Is when I fall in love with you.

martes, 12 de febreiro de 2008

Collage multimedia desde Nova York

Por motivos profesionais, estiven uns días en Nova York o mes pasado. Alí coñecín a Joyceline Iglesias. Ten uns trinta anos, é condutora dun bus urbano e un avó seu foi natural de Barallobre, os outros tres eran descendentes de escravos de Louisiana. Cando me dixo que se sentía un pouco galega, recordoume a historia do Panchito de Castelao. Eu confeseille que, por culpa do cine, tamén me sinto un pouco neoiorquino.
Joyceline é unha artista multimedia con inquedanzas ecoloxistas. Preocupada polo consumismo e os residuos, todas as súas creacións son a partir de materiais doutros artistas que ela reutiliza para darlles un novo sentido.
Hoxe recibín un e-mail cunha obra que nos dedica aos da biblioteca. Fíxoa a partir dunha estrofa dun poema de Álvaro Cunqueiro, do popurrí de cancións da escena do elefante da película Moulin Rouge, dun versículo da Biblia e da secuencia final de Cinema Paradiso. A ver que vos parece.

“Namorar eu namoreina
con unha cantiga leda,
meu amigo”


"Que me bique cun bico da súa boca!" (Cant 1, 2)


venres, 8 de febreiro de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XIV)

Esta semana queremos recordar aqueles tradicionais programas radiofónicos de cancións dedicadas. Unha nova experiencia, que se vos gusta, repetiremos de cando en vez.



Dedicámoslles o video "Umbrella" de Rihanna aos mozos e mozas de 4ºC, coa "esperanza" de que a forza de escoitar e cantar estes temas que tanto lles gustan consigan "aprender" inglés.

Nós sempre varrendo para a casa... que lle imos facer!!

sábado, 2 de febreiro de 2008

Celebración do Antroido

A mañá do venres, o noso cole encheuse de xente que quería celebrar o Antroido connosco, algúns deles nunca estiveran antes por aquí...

A primeira en chegar foi Pipi Calzaslargas, pero non veu soa, chegou co Sr. Wilson, logo apareceron unha bruxa, unha "tunanta", algún obreiro da construción, labregos, unhas vacas moi marchosas, dous osos polares mortos de calor, un espantallo, un rockeiro, varios rapeiros e cantantes de Hip-Hop, unha noiva moi casquivana (paseou con catro mozos distintos o mesmo día da voda...), unha andaluza, varios nenos e nenas aos que nin tempo lles dou a quitar o pixama, uns clips de famobil, moitos mozos e mozas preparados para a festa, varias carapuchiñas vermellas coa avoa, os cazadores e mesmo o sr. lobo viña con todos eles, un moro, un xeque árabe, un rei e a mesma raíña Cleopatra e como non faltou ninguén tamén estivo celebrando o antroido connosco a Sra. Paca, a encargada da limpeza e para completar este cadro tan "pintoresco" tivemos ata un enterro. Como sería a festa que incluso a TVG mandou a Fene a un dos seus reporteiros.

A festa comezou coa degustación, por parte do xurado, dos postres que participaban no xa tradicional concurso de postres típicos. Houbo freixos, rosquillas, orellas, biscoitos... en cantidade suficiente para que despois do xurado, todos e todas puidésemos probalos. E trala degustación chegou a entrega de premios, houbo para todos, pois todos estaban boísimos!!

E como fin de festa tivemos un baile-karaoke. Pasámolo moi ben e quedamos convidados para a próxima. Que nos gustan as festas!!!

venres, 1 de febreiro de 2008

Super Cool On-line Guide!!



Vía "A Nosa Biblioteca", como é habitual, coñecimos esta fantástica ferramenta da Web 2.0.

Unha ferramenta que nos permite publicar na rede todo tipo de documentos rápida e fácilmente e o resultado, como podedes ver, é "moi chulo".


Como proba utilizamos a nosa primeira guía do ano, as nosas "Suxestións de lectura para a Paz". Comezamos cun documento moi pequeno, pero tras este virán máis... Picade en "open publication" e poderedes velo a pantaia completa.

Ferramentas da Web 2.0 para Bibliotecas 2.0!!!!

Os Nosos Venres Musicais (XIII)

Alfonso sempre fora un rapaz moi normal cunha noiva moi formal.





Un día Laura díxolle que quería ir a unha festa de disfraces. Para complacela, buscou ideas en internet e encontrou a Village People






Agora Alfonso quere ir á festa...pero sen Laura.

Related Posts with Thumbnails