martes, 30 de outubro de 2007

É Chegado o Tempo de "O Segrel do Penedo"!

A SCRD Liga de Amigos de Barallobre (Fene), o Concello de Fene, a Facultade de Humanidades de Ferrol, Radiofusión e o IES de Fene, queremos render unha merecida homenaxe ao escritor e á persoa de Xosemaría Pérez Parallé “O Segrel do Penedo”. Con este fin organizáronse unhas Xornadas-Homenaxe no 20º aniversario do seu pasamento.

Estas xornadas, que terán lugar entre o 3 e o 10 de Novembro, abranguerán unha serie de actos entre os que cabe salientar:
Exposición fotográfica. Coa idea de amosar diferentes facetas do autor que permitan un maior achegamento á súa obra e á súa traxectoria vital.

Inauguración da Biblioteca Escolar “O Segrel do Penedo (Luns, día 5 ás 12.30 horas): A particular homenaxe de toda a nosa comunidade educativa a un poeta comprometido co seu tempo, exemplo do galeguismo e da defensa da nosa lingua e a nosa cultura.

Congreso Xosemaría Pérez Parallé. A sesión inaugural correrá a cargo de Don Isaac Díaz Pardo e a clausura a cargo de D. Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega.
No transcurso do congreso representarase unha mostra dos quefaceres literarios de Parallé cun cantar de cego, un diálogo dramatizado, un recitado poético ou un roteiro polos lugares de Barallobre ligados ao poeta.


É chegado o tempo de Pérez Parallé!

Tamén en:
Blogfesquio

venres, 26 de outubro de 2007

Os Nosos Venres Musicais (IV)

Este venres imos dedicarllo a Bob Dylan, polo seu apoio ás Bibliotecas Escolares e á lectura, apoio amosado a través de A Nosa Biblioteca o pasado mes de setembro.
Bueno, tamén polo Premio Príncipe de Asturias das Artes 2007.
Dylan foi distinguido con ese galardón por seren, segundo o xurado, "un mito vivinte" da historia da música popular e "faro dunha xeración que tivo o soño de cambiar o mundo".
Con este recoñecemento a Dylan, o rock and roll entrou tamén no grupo dos “elixidos” entre os que están músicos e artistas como Jesús López Cobos, Montserrat Caballé, Josep Carreras, Plácido Domingo, Joaquín Rodrigo ou Paco de Lucía.
Bob Dylan, un auténtico xenio que revolucionou o rock and roll e que se converteu nunha das principais voces da liberdade norteamericana.

Bob Dylan e a súa banda en Birmingham. Setembro do 2000

free music

Máis videos, moitos máis en:
http://www.youtube.com/results?search_query=bob+dylan

mércores, 24 de outubro de 2007

A 1ª Galescola de Fene

Hoxe asistimos, en palabras do noso alcalde, con gran ledicia, á inauguración da primeira Galescola en Fene, acto que correu a cargo do vicepresidente do goberno galego.
Anxo Quintana lembrou aos alí presentes algúns dos obxectivos das Galescolas “Asegurar que os nenos e nenas galegas aprendan a nosa lingua e a nosa cultura” e “Formar cidadáns abertos ao mundo”. Falou asimesmo das Galescolas como instrumento para a igualdade “Temos unha débeda coas mulleres de Galiza e este é un xeito de pagala"

Sabedes como rematou a inauguración? Pois cos nenos e nenas xogando e rindo sen preocuparse de autoridades e visitas, é máis, sen darse de conta do que alí acababa de acontecer.
Bendita inocencia!!!!
É preciosa a nosa Galescola, vaian dende aquí os nosos parabéns!!

Como chegar á Galescola

luns, 22 de outubro de 2007

Déjà vu

Dona Josefita Barallobre vive na súa casa de Serantes desde hai setenta e dous anos. No salón ten un loro tan vello que, cando fala, faino en galego medieval. Regaloullo Gonzalo Torrente Ballester cando era nova. Dona Josefita tamén ten un álbum de fotos "coincidentes". Chámalles así porque, sen ter relación as unhas coas outras, presentan parecidos. Agradecemos a xentileza de Dona Josefita por enviarnos dúas desas fotografías para que lles busquemos as semellanzas e lle digamos onde se fixo a de Marion Jones e onde está a escultura do gálata moribundo.

domingo, 21 de outubro de 2007

Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Unhas xornadas ás que acudimos mais de 1000 profesionais da docencia, durante o noso período de lecer, o que amosa as nosas inquedanzas e gañas de traballar cada día mellor (máis, vai ser que xa non se pode!!).

Xornadas nas que como moi ben dicían dende a Asesoría de bibliotecas reflexionamos sobre a lectura no contexto escolar, compartimos inquietudes e reforzamos(máis se cabe!!)amizades.

Parabéns ás organizadoras!!

Algunhas das frases das Xornadas:

Carlo Frabetti: “ Para min, o gran descubrimento foi ver que había libros que non intentaban ensinarme nada

Mónica Baró: “A Biblioteca Escolar é a clave para Aprender a Aprender

Pilar Pérez Esteve: “Aprender é aprender a afondar, promovendo os máximos aprendizaxes, garantindo a todos os imprescindibles, para seguir aprendendo ao longo da vida, ese é o reto”

José Luis Polanco:“ Ensinar a ler é educar a mirada” “Ler é aprender a escoitar a voz dos outros

Julián PascualO PLC estimula o traballo cooperativo do profesorado e favorece a innovación educativa e o desenvolvemento profesional docente”

Cristina Novoa: “Temos que recrear as ideas das que nos vamos alimentando

O Decálogo dos Dereitos do Lector de Daniel Pennac “Como una novela”

(Co que nos agasallou Montserrat Erausquin)

O dereito a non ler

O dereito a saltarse as páxinas

O dereito a rematar un libro

O dereito a reler

O dereito a ler calquera cousa

O dereito ao bovarismo (enfermidade textualmente transmisible)

O dereito a ler en calquera lugar

O dereito a picotear

O dereito a ler en voz alta

O dereito a calarnos


Máis comentarios en:

A Nosa Biblioteca

Blog do CEIP de Quintela-Moaña

Blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares

BlibioArzúa

Mesturas

Trafegando Ronseis

Blog do CEIP Fermín Bouza Brey

Blog do IES Fernando Esquio

Hora de Ler

venres, 19 de outubro de 2007

Os Nosos Venres Musicais (III)

Este venres queremos facerlle a nosa pequena homenaxe a un antigo alumno do noso instituto e que hoxe é un dos músicos galegos máis recoñecidos.

Falamos de Dani Bellón, quen posúe un dos curriculums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Formou parte da Banda de Gaitas “Airiños de Fene” ata o 2002 e na actualidade combina a súa faceta de músico nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), e gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes coa de mestre de gaita galega.


Se queredes disfrutar con máis dos seus videos:
http://www.youtube.com/user/papigil

luns, 15 de outubro de 2007

Blog Action Day

O “Blog action day” está dedicado ao medio ambiente e sérvenos de escusa para falar de Wislawa Szymborska, unha poetisa polaca que no 1996 foi galardoada co Nobel. Os seus poemas permiten unha lectura fácil e espertan en nós imaxes suxestivas. Sirvan de exemplo estes versos que nos falan da auga, un recurso vital que está a ver alterada a súa distribución planetaria por mor do cambio climático.

“Caeume na man unha gota de chuvia,
unha gota de auga das veas do Ganxes e do Nilo,

da xeada que ascendeu aos ceos desde os bigotes dunha foca,
dos cántaros rotos nas urbes de Iso e Tiro.

No meu índice
o Caspio é mar aberto,

e o dócil Pacífico morre no Rudawa,
ese regato que feito nube sobrevoaba París

ás tres da madrugada do sete de maio
do ano setecentos sesenta e catro.
(...)

Estiveches en pilas bautismais e en bañeiras de cortesás.
En bicos e en ataúdes.

No desgaste das pedras e no sostén do arco da vella,
na suor e na rosada de pirámides e lilas. “



Para os que andan un pouco despistados en ciencias naturais, diremos que a poetisa está a falarnos do ciclo da auga. Aquilo que estudábamos de pequenos e dicía: “A auga evapórase nos mares, forma nubes, as nubes chegan aos continentes, alí precipitan en forma de neve, chuvia,....esa auga vai parar aos ríos e os ríos ao mar,...”

Desde aquí recomendamos unha antoloxía publicada en Lumen: “Paisaje con grano de arena”.


E, xa postos, tamén a Jorge Manrique.

mércores, 10 de outubro de 2007

Os Nosos Venres Musicais (II)

Hoxe traemos a “Os Nosos Venres Musicais” (Xa sei, con un día de adianto, pero marchamos de vacacións e non queríamos faltar á nosa segunda cita!!) un excelente dueto de Soledad Giménez, solista de Presuntos Implicados, e Randy Crawford, a raíña do Soul dos oitenta, nunha nova versión de Fallen, un dos temas da B.S.O. de Pretty Woman

Presuntos Implicados, un dos mellores grupos do panorama musical español formado a principios da década dos 80. O seu estilo era o Pop cunha clara influencia do Jazz e o Soul. A súa última actuación foi o 14 de xuño de 2006. (Algúns de nós aínda sentimos a súa separación!!)

Randy Crawford, cantante norteamericana, unha das lendas viva da música, na que leva máis de trinta anos e na que ten tocado practicamente todas as categorías, sobre todo, Jazz, Soul e Rythm and Blues.

Que o disfrutedes!!


FALLEN (SUEÑO)

I can´t believe it you´re a dream coming true.
I can´t believe it I have fallen for you.

Y sé que eres tú el que me hace suspirar.
Y sé que por ti yo podría llorar.

You are the one, who´s led me to the sun.
How could I know, that I´d be lost without you.
I want to tell you, your control your game.
I wanna let you know.
You´re alive in my vein.

Yo nunca fui estrella que desear.
Ahora sí, tú me has dado vida.

I want to tell you, your control your game.
I wanna let you know, you´re alive in my vein.

Y apago la luz para verte mejor.
Y saborear este sueño de amor.

(I have fallen for you).

Yo podría llorar.

I have fallen for you.
I just want to tell you, you´re a dream coming true.

Ese sueño de amor.

I have fallen for you.

luns, 8 de outubro de 2007

Let's Get Together

Paseando pola blogosfera, un dos meus rituais diarios, entro en TRAFEGANDO RONSEIS (Un dos meus blogs favoritos polas súas propostas de literatura, cine e música, o seu compromiso cos dereitos humanos a ecoloxía... Non deixedes de visitalo, paga a pena!!) Nun dos seus últimos post falaban do que se podía facer coas mans. Eu tamén quero colaborar nesta especie de cadea, comezada por MESTURAS (outro blog dos insuperables!!), dándonos ideas sobre como empregar o noso “tempo libre”. Seica temos dabondo!!!
Despois da papiroflexia e das sombras chinesas, que tal se imitamos a
Ilana Yahav? Ilana é unha artista israelita que coas súas mans, un pouco de area, unha boa música e algo de luz sobre unha mesa de vidro, constrúe as súas obras de arte.

domingo, 7 de outubro de 2007

Liberdade no cárcere

Inicio esta andaina co segrel facéndome eco dunha nova lida no xornal El País onde informaba dunha iniciativa levada a cabo por Alberto, o educador social do presidio de Teixeiro. Certamente, o sorprendente resulta ser o éxito dese taller de escritura e lectura que semanalmente reúne a tantos presos, que ademais, unha vez ao mes deciden invitar a un escritor. Por alí estivo Manolo Rivas, acompañado de tres músicos, acto que demostra unha vez máis o acertado da combinación letras e música.
Desde este blog doulle os meus parabéns a Alberto, desexandolle que teña continuidade con este proxecto.

venres, 5 de outubro de 2007

Os Nosos Venres Musicais (I)

DULCE PONTES "FADO PORTUGUÉS"

Levados polo noso amor pola música, decidimos crear esta sección na que venres a venres tentaremos traervos distintos tipos de música, e distintos modos de dicila e sentila. Esperamos que vos guste e que nos fagades chegar as vosas suxestións. Deste xeito daremos sentido ao título “OS NOSOS VENRES MUSICAIS!!”
Neste primeiro venres comezamos con Dulce Pontes e o Fado.
Fado, do latín fatum, significa destino. O destino inexorábel e que nada pode mudar. É por iso que o fado é normalmente tan melancólico, tan triste. Os fados expresan as dificultades da vida, o amor perdido, a emigración... O Fado é, hoxe en día, un símbolo mundialmente coñecido de Portugal representado por Dulce Pontes
free music

xoves, 4 de outubro de 2007

¡Birmania Libre!

Free Burma!

free music

mércores, 3 de outubro de 2007

El dinosaurio




Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí.






Augusto Monterroso


Esta é unha historia real que lle ocorreu a Manolo, "O Gafas", natural dunha parroquia de Monterroso, alá entre a Terra Cha e o Xistral. Foi o sábado pasado, cando levou á muller e aos fillos a un centro comercial de Lugo. Quedouse no coche, botando unha sesta e cando espertou viu o que viu. O home aínda tivo valor para facerlle unha foto.

Este ano, no San Froilán non se falará doutra cousa.


Related Posts with Thumbnails