domingo, 30 de septiembre de 2007

A Biblioteca Escolar: O servizo educativo mellor valorado

A biblioteca do IES Afonso X O Sabio , cóntanolo no último post do seu blog Biblioafonso. Nunha enquisa feita ao alumnado de secundaria a finais do curso pasado a súa biblioteca escolar resultou ser o servizo educativo mellor valorado.



Create Your Own

E por que será que non nos sorprende?
Antonio, no blog da biblioteca do IES As Mariñas danos algunhas pistas, pero eu engadirei algunha máis (por iso de non utilizar o copy&paste)
Porque coñecemos ao profesorado que dinamiza a biblioteca.
Porque sabemos das súas horas de traballo e do seu esforzo cotiá por mellorar.
Porque sabemos da ilusión que poñen en todo o que fan.
Porque todos eles/as son un exemplo do bo facer.
Porque somos conscientes de que por todo isto, e por moitas cousas máis, son unha das referencias das bibliotecas escolares galegas.

Parabéns compañeiros/as, esa é a recompensa ao traballo ben feito e o que a todos/as nós tamén, nos da folgos para continuar nesta “marabillosa” andaina de facer das nosas Bibliotecas Escolares puntos de encontro.
Cada vez máis e mellores BE!!

miércoles, 19 de septiembre de 2007

Comezou o curso!!

Os rapaces e rapazas empezaron a chegar ás 10.00. Algúns dos máis pequenos viñan acompañados pólos seus pais. Os nervios do primeiro día no instituto, xa se sabe, é o que teñen... Os “veteranos” formaban grupiños e buscábanse nos listados para ver con quen lles tocara.
A inauguración do curso correu a cargo de Ivan Puentes, o alcalde de Fene, quen foi presentado polo director.
O recen estreado alcalde, o alcalde máis novo de toda Galiza, blogueiro dende xaneiro de 2004 e antigo alumno do instituto, lembrou aos profes que por alí andaban nos seus anos de estudante. A Cari (“a mellor profesora que tiven nunca”), a Ramón e as súas discusións sobre fútbol, a Lula, e a Antonio, o noso vicedirector e profesor de ciencias, e de quen, según contou, todas as rapazas estaban namoradas. Hai cousas que nunca cambian...
Aos rapaces contoulles anécdotas da súa etapa no instituto. De como controlaban ao profesorado polos coches no aparcadoiro, de como se alegraban cando algún faltaba, e algunha outra que mellor non contamos... En fin, o que dixen, que hai cousas que nunca cambian...
Animounos a participar na vida do centro, na súa vida académica e cultural.
O noso alcalde, engaiolou a todos, tanto a alumnado como a profesorado.
Cando nos despedimos agradeceu a invitación que dixo lle fixera moita ilusión. Nós, dende a nosa bitácora queremos desexarlle todo o mellor na súa nova andaina.
Sorte Sr. Alcalde e que as relacións do Concello co noso Instituto sexan fructíferas!!

domingo, 16 de septiembre de 2007

Estamos de estrea!!



A falta duns pequenos detalles, esta á a nosa, a vosa biblioteca.
Esperamos que a disfrutedes.
Cada vez máis e mellores Bibliotecas Escolares!!

A nosa nova Biblioteca!!


Despois de dous anos de PLAMBE, moitísimo traballo e algún que outro quebradeiro de cabeza, presentámosvos a nosa nova biblioteca. Grazas a todas e todos os que coa vosa axuda, o voso ánimo e o voso exemplo constantes fixéchedes posible que o noso soño sexa hoxe unha realidade. Pero o mellor aínda está por chegar, o comezo do curso, a chegada do noso alumnado e con eles o inicio desta nova andaina na que temos postas moitas ilusións. Esperamos seguir contando con todas e todos vós, coma sempre. Sodes moit@s, grazas por estares sempre aí.

Related Posts with Thumbnails